Anduriña (canción)
"Anduriña" | |||||
---|---|---|---|---|---|
tema de Juan y Junior | |||||
do álbum Juan y Junior | |||||
Lanzamento | |||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1968 | ||||
Xénero musical | Balada romántica | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:05 | ||||
Discográfica | Novola | ||||
Produtor(es) | |||||
Escritor(es) | Juan Pardo | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Anduriña é unha canción gravada e publicada en 1968 polo dúo español de pop Juan y Junior.
Descrición
editarAmbientada na Galicia rural, a letra da canción refírese á desaparición dunha moza nomeada cariñosamente "Anduriña", con ganas de vivir a vida, aínda que un dos vellos do lugar confía no seu regreso.
Publicouse como sinxelo con "Para verte reír" na cara B.[1] A contraportada da edición foi ilustrada cun debuxo orixinal de Pablo Picasso,[2] do 23 de xaneiro de 1968, o único que realizou para unha carátula dun disco.[3]
Versións
editarA canción foi traducida ao galego, interpretada por Juan Pardo e Joan Manuel Serrat máis de trinta anos despois da publicación do disco orixinal.
Foi tamén versionada pola cantante Bea Porrúa para o álbum Berce galego (2009). Tamén foi interpretada en varias ocasións polas fillas do autor, Teba e Lys.
En 2023 foi versionada por La Casa de los ingleses.[4]
Notas
editar- ↑ Macho, Roberto (8 de xullo de 2008). "Anduriña". Lafonoteca.
- ↑ "Cinco canciones de Junior que pasarán a la historia del pop español". El Confidencial. 15 de abril de 2014.
- ↑ Ventureira, Rubén. "Subastan una copia del dibujo con que Picasso ilustró el disco «Anduriña» de Juan y Junior". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2016.
- ↑ "la Casa de los Ingleses lanza unha versión de 'Anduriña'". Diario de Pontevedra. 15 de febreiro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Música |