Andrea Momoitio
Andrea Momoitio San Martín, nada en Ortuella en 1989, é unha xornalista española. Forma parte da asemblea da revista dixital feminista Pikara Magazine. É a autora de Lunática.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 ![]() Ortuella, España ![]() |
Educación | Universidade do País Vasco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Xornalismo pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Ten un máster en Estudos Feministas e de Xénero pola Universidade do País Vasco. No seu TFM analizou como as mozas lesbianas recoñecen as referencias do lesbianismo que aparecen nas series de ficción producidas en España.[1] Tamén ten un máster en Xornalismo Dixital.[2]
Comezou a colaborar con Pikara Magazine dende o seu nacemento, en novembro de 2010, cando cursaba o segundo curso de Xornalismo, cunha reportaxe sobre as novas feministas.[3] Actualmente é unha das súas coordinadoras[4] e publicou reportaxes sobre temas como a muller no xadrez, xestación por substitución ou a memoria histórica do feminismo. Para Pikara, entrevistou a mulleres como a directora de cine Leticia Dolera, as cantautoras Viruta Ftm e Alicia Ramos, a filósofa e escritora Silvia Federici ou as activistas Laura Bugalho e Zuriñe Baztan. Escribe artigos desde 2014 en Eldiario.es, dentro do blog +Pikara.[5]
Ten unha columna de opinión quincenal en Público,[6] relacionada coa memoria histórica e as mulleres,[7] e tamén é colaboradora en medios como Ctxt,[8] El Salto,[9] Periódico Diagonal,[10] Público,[11] Eldiario.es,[12] La Madeja o Altaïr Magazine.[13]
Participou na primeira serie de De eso no se habla co podcast Lunáticas, que está baseado no seu libro Lunática.[14]
Obra
editar- 2015, De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión. (TFM).[15]
- 2016, Lesbofobia: ¿por qué y cómo hay que nombrarla?[16]
- 2019, Feminismos. Miradas desde la diversidad. (VVAA). ISBN 9788441542044
- 2022, Lunática (Libros del KO).ISBN 9788417678746[17]
Notas
editar- ↑ Andrea, Momoitio San Martín, (7 de agosto de 2015). "De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión" (en castelán). Consultado o 9 de julio de 2018.
- ↑ "Blog de Andrea Momoitio".
- ↑ "¿Jóvenes y feministas? Artículo en pikaramagazine.com publicado el 18 de noviembre de 2010. Consultado el 29 de abril de 2018.".
- ↑ "Equipo de Pikara Magazine. Consultado el 29 de abril de 2018".
- ↑ "Ficha de autora de Andrea Momoitio en eldiario.es. Consultado el 29 de abril de 2018.".
- ↑ "Andrea Momoitio". Otras miradas (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ "Público - Autor: Andrea Momoitio". www.publico.es. Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Magazine), Andrea Momoitio (Píkara. "Parirnos con cada amor". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Edición General - El Salto" (en local). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Periódico Diagonal" (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Andrea Momoitio". Otras miradas (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Andrea Momoitio" (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Andrea Momoitio" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "De eso no se habla". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Momoitio San Martín, Andrea (2015-08-07). "De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Fernández, June; Momoitio, Andrea (2016). "Lesfobia: ¿por qué y cómo hay que nombrarla?". Viento sur: Por una izquierda alternativa (146): 81–85. ISSN 1133-5637.
- ↑ K.O, Libros del. "Lunática". Libros del K.O. (en inglés). Consultado o 2024-01-24.