Andrés Túñez
Andrés José Túñez Arceo, coñecido como Andrés Túñez ou simplemente Túñez, nado o 15 de marzo de 1987 en Caracas, é un futbolista galego nado en Venezuela. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o BG Pathum United de Tailandia. Foi internacional coa selección venezolana.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Andrés José Túñez Arceo 15 de marzo de 1987 (37 anos) Caracas, Venezuela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarOrixes e comezos no fútbol (1987-2006)
editarSeus pais, Pepe e Margarita, naturais de Bertamiráns (Ames) emigraron a Venezuela xusto antes de nacer el. Sete anos logo do seu nacemento a familia volveu a Bertamiráns, onde seus pais abriron un restaurante.[1]
Deu os seus primeiros pasos no fútbol no colexio de La Salle e logo xogou varios anos na Escola de Fútbol Rosalía de Castro, antes de entrar na SD Compostela no seu segundo ano de cadete.[1] No ano 2004 fichou polo Celta de Vigo para formar parte do seu equipo xuvenil e na tempada 2006/07 ascendeu ao filial do club, o Celta B, que militaba na Segunda División B, onde pronto se fixo coa titularidade. O 17 de febreiro de 2008 nun partido contra o Lugo lesionouse de gravidade tras un golpe contra a portería, o que o mantivo no dique seco toda a tempada.[2]
Celta de Vigo (2006-2013)
editarO 7 de outubro de 2009 logrou unha recompensa ás súas boas actuacións no filial cunha convocatoria para o primeiro equipo do Celta no partido de Copa do Rei contra o Girona. Dous meses despois renovou o seu contrato co club por 4 anos máis e o 16 de xaneiro debutou na Segunda División nun partido contra a Real Sociedad en Balaídos. O 31 de xaneiro de 2010 Eusebio Sacristán, adestrador do primeiro equipo, comunicou en rolda de prensa que Túñez era xa a todos os efectos xogador do primeiro equipo, que se atopaba preto dos postos de descenso.[3] Disputou un total de 23 partidos co primeiro equipo esa tempada, e marcou o seu primeiro gol nun encontro de liga contra o Murcia.
Tivo un papel secundario na tempada 2010/11, na que só xogou 8 partidos, pero fíxose cun posto de titular na zaga celeste na seguinte campaña, na que que o equipo vigués conseguiu o ascenso á Primeira División, e foi tamén titular en case todos os partidos da tempada 2012/13 en Primeira.
Cesión a Xerusalén (2013-2014)
editarEn setembro de 2013 foi cedido ao Beitar Jerusalem, ao non contar para o novo adestrador Luis Enrique, e preferir xogar noutro equipo de cara a preparar a súa posible participación no Mundial do Brasil 2014.[4] No equipo israelí, do que era directivo o ex céltico Haim Revivo, realizou unha boa campaña xogando todos os partidos, e incluso levou con el a Jonathan Vila, que tampouco contaba para Luis Enrique.[5]
Buriram United FC (2014-2020)
editarAo volver da cesión desvinculouse do club vigués e emprendeu unha nova viaxe, esta vez a Tailandia, onde fichou polo Buriram United FC, dirixido por Alejandro Menéndez. Militou neste equipo durante seis tempadas, converténdose nun ídolo para a afección e no terceiro máximo goleador do club con 56 goles (a pesar de ser defensa central).[5] Conquistou 12 títulos co equipo de Buriram, entre eles catro de liga. Entre medias xogou tamén uns meses de 2017 cedido no Elche CF, na Segunda División.[6]
BG Pathum United FC (2020-actualidade)
editarEn maio de 2020 asinou por dúas tempadas co BG Pathum United, co que conquistou no seu primeiro ano a primeira liga tailandesa para o club.[7][8]
Selección nacional
editarDebutou coa selección de Venezuela o 2 de setembro de 2011 nun partido contra a Arxentina, no que entrou como substituto de Fernando Amorebieta. Disputou un total de 16 partidos co combinado venezolano.
Palmarés
editarBuriram United FC
editar- Liga tailandesa (4): 2014, 2015, 2017, 2018.
- Copa FA de Tailandia (1): 2015.
- Copa Kor Royal (2): 2015, 2016.
- Copa de Campións de Tailandia (1): 2019.
- Copa da Liga de Tailandia (2): 2015, 2016.
- Campionato de Clubes Mekong (1): 2015.
- Toyota Premier Cup (1): 2016.
BG Pathum United FC
editar- Liga tailandesa (1): 2020/21.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Túñez, una zurda de oro para un Celta de ¿Primera?". El Correo Gallego (en castelán). 11 de decembro de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ atlantico.net, ed. (2008). "A lesión de Túñez impedirá que volva xogar esta tempada". Consultado o 18 de febreiro de 2008.[Ligazón morta]
- ↑ J. Conde, ed. (2010). "Túñez quédase no primeiro equipo". Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Túñez se va cedido al Beitar de Jerusalén". Marca (en castelán). 16 de setembro de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Andrés Túñez: de descarte de Luis Enrique a leyenda del fútbol 'thai'". As (en castelán). 22 de maio de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "El Elche ficha a Andrés Túñez". Marca (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Los conejos de Pathum fichan al tigre Túñez". As (en castelán). 27 de maio de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Andrés Túñez volvió a gritar ”campeón” en Tailandia" (en castelán). 4 de marzo de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).