Andrés Colombo
Andrés García de la Riva Colombo, coñecido como Andrés Colombo, nado en Pontecesures o 23 de xuño de 1911 e finado en Valencia en 1991, foi un pintor e debuxante galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1911 ![]() Pontecesures, España ![]() |
Morte | 1991 ![]() Valencia, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, debuxante ![]() |
Familia | |
Pai | Luciano García García-Lozano ![]() |
Irmáns | Luciano García de la Riva ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Luciano García García-Lozano. Foi militante de Izquierda Comunista e secretario do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (UGT) durante a Segunda República e pasou algúns meses na cadea a resultas da súa intervención nas accións solidarias coa frustrada folga xeral revolucionaria de 1934. Marcha a Madrid en novembro de 1934 e regresa a Galicia en febreiro de 1936. Colaborou cos seus deseños en El Pueblo Gallego, Proa e na revista madrileña Nosotros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marcha a Vigo coa idea de saír do país. Ao non conseguilo estivo refuxiado en Baños de Molgas atá que decidiu instalarse en Zaragoza, onde conseguiu documentación falsa grazas á axuda do falanxista padronés Ubaldo Pazos. Logrou pasar á zona leal en Aragón o 1 de novembro de 1937 e chegar a Valencia. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao seu remate pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en Xirona en 1947. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Andrés Colombo. Sada: Do Castro. 1983. ISBN 84-7492-196-1.
- Os barcos do exilio