Andrés Ares Díaz

relixioso galego

Andrés Ares Díaz, nado en Corvelle (Vilalba) en 1891 e finado en Barallobre (Fene) o 3 de outubro de 1936, foi un sacerdote galego.

Modelo:BiografíaAndrés Ares Díaz
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor en Wikidata
Corvelle, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Barallobre, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4479

Traxectoria

editar

Foi párroco do Monte (Xove) e dende 1931 do Val de Xestoso (Monfero). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciado por negarse a entregarlle aos sublevados a recadación da colecta para a festa dos Remedios que se ía celebrar o primeiro domingo de setembro. Acusado de entregar cartos para o Socorro Vermello Internacional, foi arrestado por un grupo de falanxistas e gardas civís que o levaron a Pontedeume e despois a Barallobre onde confesou co párroco Antonio Casas. Levárono ao cemiterio e executárono ás 11 da mañá do 3 de outubro de 1936, para escarmentar ao cura de Barallobre, sospeitoso de colaborar cos republicanos.[1] Na súa partida de defunción indicase que foi eliminado pola Garda Civil, ao intentar fugarse cando era conducido a practicar unha dilixencia.

  1. Boletín Eclesiástico del Obispado de Mondoñedo, 20-10-1936, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar