Andrés Álvarez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Andrés Álvarez Hernández, nado en Goián (Tomiño) en 1983[1], é un trompetista, director e compositor musical galego, cunha ampla traxectoria no panorama bandístico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Andrés Álvarez Hernández ![]() 1983 ![]() Goián, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | trompetista, compositor, director de orquestra ![]() |
Instrumento | Trompeta ![]() |
Sitio web | andresalvarez.es… ![]() |
Traxectoria
editarRealizou os estudos de interpretación na especialidade de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo e a continuación a carreira de composición neste mesmo centro de estudos, baixo as ensinanzas de mestres como Juan Eiras, Carlos Cambeiro, Pablo Beltrán ou Fernando Buide entre outros. Especialízase en composición para banda e o medio audiovisual, con mestres como Ángel Montes, Bart Picqueur, Óscar Navarro ou Ferrer Ferrán. No campo audiovisual realizou traballos de publicidade para Adolfo Domínguez, Don Flamenco e Felicia Much. Tamén realizou diversas curtametraxes e documentais; a banda sonora da longametraxe Sueños de Sal, a banda sonora de La Muda, colaborando neles o recoñecido Óscar Navarro, ou na gravación da música orixinal da serie Seis Hermanas, con música orixinal de Sergio Moure, emitida por RTVE.
Impartiu numerosos cursos de composición e instrumentación por toda a xeografía española e portuguesa, á par que formou parte de diferentes xurados, destacando o Certame internacional de banda Flicorno D’oro en Italia.
Tamén colaborou co compositor Óscar Navarro como asistente e orquestrador en diferentes traballos, coma a redución para clarinete e piano do seu I Concerto para clarinete e orquestra, a banda sonora de Indiana Jones y la búsqueda del ídolo perdido do director Fran Casanovas, a da longametraxe Sueños de Sal ou a orquestración da suite para banda e orquestra da banda sonora de La Mula.
Desde xaneiro do 2015, é director artístico da Banda de música de Chapela.
Recoñecementos
editar- Mención de Honra pola súa composición Symphonic Sketches nos famosos premios Hollywoods Music in Media Awards (HMMA).
Obra editada
editar- Campus Stellae: obra estreada no ano 2010 no Pazo da Cultura de Pontevedra polas bandas participantes na 2ª Sección do Certame Provincial.
- Miniatura: composta no ano 2008, obra para trompeta e piano. Gravada por Alejo Amoedo e Moisés Lorenzo no ano 2013, ano no que se estreou, no CD La trompeta.
- Monte Medulio: poema sinfónico. Finalista do III Concurso Galego de Composición. Foi interpretada por primeira vez en 2010 no Auditorio de Galicia pola Federación Galega de Bandas de Música Populares de Galicia.
- O bosque animado: obra para banda baseada no libro O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez. Foi composta no ano 2011 por encargo do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, gravándoa posteriormente.
- Fortaleza: poema sinfónico, encargo do Concello de Tomiño con motivo da rehabilitación do Forte de San Lourenzo. Foi estreada pola Agrupación Musical de Goián no ano 2013.
- Santo Grial (2013).
- Theseus: poema sinfónico estreado no ano 2013 pola Agrupación Musical do Rosal.
- Diversions: obra para trompeta en dó e piano. Encargo de Rubén Simeó para a súa xira polo Xapón no ano 2013. Está incluída no CD Contemporany Trumpet, no que intervén o pianista Alejo Amoedo.
- Vilasobroso: é un pasodobre, encargo de José Márquez Paramés. Foi estreada pola banda de Mondariz en 203 e gravada no ano 2014 pola Banda Xuvenil de Barro, coma himno de Vilasobroso.
- Impresions: obra inicialmente composta para bombardino e piano, foi un encargo da Asociación Española de Tubas e Bombardinos, para o 1º Concurso que organizou a Asociación mencionada. Estreada en xaneiro do 2014 no Conservatorio Profesional de Música de Vigo baixo a batuta de Ignacio Fernández.
- Namaste: pequena fantasía pensada para banda xuvenil. Composta no ano 2014.
- Lobo de Río: poema sinfónico, composto por encargo da Banda de Música Popular de Moaña Airiños do Morrazo no ano 2014.
Notas
editar- ↑ Andrés Álvarez Hernández Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine., na web da Deputación de Pontevedra.