Ana Orantes

(Redirección desde «Ana Orantes Ruiz»)

Ana Orantes Ruiz, nada en Granada o 6 de febreiro de 1937 e finada en Cúllar Vega o 17 de decembro de 1997, foi unha muller española vítima de violencia de xénero, que explicou nunha entrevista na televisión a violencia á que fora sometida por parte do seu exmarido. Poucos días despois do testemuño na televisión, foi asasinada pola súa exparella,[1] feito que xerou un grande impacto e visibilidade da violencia de xénero na sociedade española, e como resultado, a remodelación do Código Penal.[2]

Modelo:BiografíaAna Orantes
Biografía
Nacemento(es) Ana Orantes Ruiz Editar o valor en Wikidata
6 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Cúllar Vega, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteasasinato Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San José Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
homicidio Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteOverlooked No More: Ana Orantes, Whose Gruesome Murder Brought Change to Spain Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2483152 Editar o valor en Wikidata

Ana foi a vítima mortal de violencia de xénero número 59 de 1997 en España.[3]

Recoñecemento

editar

No concello de Cúllar Vega foi erixido un monumento en forma dun monólito en memoria de Ana Orantes e Encarnación Rubio, ambas as dúas vítimas mortais da violencia de xénero. Cada ano, o día 25 de novembro, celébrase ao lado deste monólito o acto institucional municipal do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, coa lectura do manifesto aprobado no pleno do concello, e a intervención de asociacións e os distintos sectores da comunidade educativa de Cúllar Vega.[4][5]

A xornalista e feminista Nuria Varela publicou en 2012 un libro titulado La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad co desexo de "render homenaxe a unha muller que perdeu a súa vida pola verdade e que, grazas á súa bravura, conseguiu axitar a conciencia dun país, cambiar as súas leis, romper o silencio e entrar no debate público e a axenda política, o que até entón era unha cuestión limitada á esfera privada".[6]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar