Ana María Alvajar
Ana María Josefina Alvajar López, nada na Coruña en 1918 e finada en Madrid o 31 de decembro de 2005, foi unha escritora e violinista galega.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 31 de decembro de 2005 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | violinista ![]() |
Instrumento | Violín ![]() |
Familia | |
Pais | César Alvajar ![]() ![]() |
Irmáns | Amparo Alvajar María Teresa Alvajar Javier Alvajar López ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán, era irmá de María Teresa, Amparo e Javier Alvajar López.[2] Desde moi nova mostra inclinación pola música e pasou a formar parte da Orquestra Filharmónica,[2] constituída por afeccionados baixo a dirección de Alberto Garaizábal e máis tarde da Orquestra de Cámara da Sociedade Filharmónica desta mesma cidade. Durante a guerra civil, separada de seus pais, que estaban en territorio republicano, ten que facer fronte ás dificultades económicas nun primeiro momento e máis tarde en coidar pola integridade de seus irmáns. Así, tivo que agochar seu irmán Javier nunha aldea, quen desertara do exército nacional para pasarse ao bando republicano e non puido reunirse cos seus pais, exiliados en Francia, mentres non liberaron a súa irmá María Teresa, presa no cárcere da Coruña. Por fin, puido xuntarse cos seus pais en 1940 na localidade francesa de Vimoutiers. Tras dous anos en Francia, volveu a Coruña en 1942, cidade na que se radicou até 1948, cando se trasladou a Madrid. No 2003 recibiu o Premio a la Lealtad Republicana da Asociación Manuel Azaña.
Obra
editar- Vivencias (1986)
- Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (2003)
- Soltanto lastre (2005). Ediciós do Castro
Vida persoal
editarCasou con Vicente Pérez García e foi nai de Javier, José Antonio, Ana María e Juan Luis Pérez Alvajar.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-1-2006, p. 42.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ana María Josefina Alvajar López - A Coruña das Mulleres". https://acorunhadasmulleres.gal/. Consultado o 2024-11-24. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.