Ana Ferradás Barrera
Ana Ferradás Barrera, nada en Ribadeo en 1963,[1] é unha atleta galega tricampioa de España dos 100 km en 2006, 2007 e 2008.[2][Cómpre referencia]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Despois de comezar a xogar ó baloncesto de nova, iniciouse no atletismo correndo un medio maratón. Correu o seu primeiro maratón no ano 2000 en Donosti. En Madrid no ano 2008 correu por España o campionato de Europa de 24 h, facendo 177,36 km, acadando o noveno posto.
Ten vivido a desigualdade de xénero no deporte.[1][Cómpre clarificar]
Despois de gañar o seu primeiro campionato de España de 100 km co Club Atletismo Narón, pasou ó Club de Atletismo Ribadeo dende a súa fundación no 2006, co que ganou os dous seguintes campionatos de 2007 e 2008.[3]. Continúa participando en carreiras e ganando premios como veterana.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pablo Yáñez (10/03/2019). "Ana Ferradás Barrera, atleta popular". A Mariña-el Progreso.
- ↑ "Cristina Gonzalez, campeona de España de 100 km." (foro de debate). Correr en Galicia. Consultado o 10/3/2019.
- ↑ "Real Federación Española de Atletismo". www.rfea.es. Arquivado dende o orixinal o 01/11/2019. Consultado o 10/3/2019.
- ↑ "Cuatro medallas para el Club Atletismo Ribadeo en el Campeonato Gallego de Veteranos". ORT Noticias del Occidente de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 10/3/2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ana Ferradás en Runedia Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Club Atletismo Ribadeo