Among Us
Among Us é un videoxogo multixogador en liña desenvolvido pola compañía estadounidense InnerSloth, distribuído o 15 de xuño de 2018 nas plataformas de Android e iOS, e meses máis tarde para ordenador. A sinopse do xogo xira arredor dun grupo de tripulantes dunha nave espacial que deben arranxar e supervisar o funcionamento da nave, ao mesmo tempo que pescudan aos «impostores» que tentan sabotar a nave e asasinalos durante cada partida.[1]
Among Us | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | InnerSloth |
Distribuidora(s) | InnerSloth |
Deseñador(es) | Marcus Bromander |
Compositor(es) | Forest Willard |
Lanzamento | 15 de xuño de 2018, 18 de xuño de 2018, 17 de agosto de 2018, 16 de novembro de 2018, 15 de decembro de 2020, 14 de decembro de 2021, 14 de decembro de 2021 e 18 de decembro de 2020 |
Xénero | party video game, social deduction game, videoxogo de ciencia ficción e videoxogo casual |
Modos de xogo | videoxogo multixogador, modo cooperativo, videoxogo para un xogador e local co-op |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, Android, iOS, Nintendo Switch, Xbox One, Xbox Series X e Series S, PlayStation 5, PlayStation 4, Chromebook, macOS, Nintendo Switch Lite e Microsoft Windows |
Na rede | |
https://innersloth.com/gameAmongUs.php, https://buy.among.us/ e https://www.innersloth.com/games/among-us/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Malia que saíu ao mercado en 2018, o seu éxito xurdiu en 2020 (dous anos despois do seu lanzamento) grazas aos vídeos publicados por streamers de Twitch e youtubers, nos que se comparten partidas do xogo.[2] Debido a isto, o 17 de setembro de 2020 rexistráronse máis de 85 millóns de descargas en dispositivos móbiles. Segundo a empresa Sensor Tower, só nos Estados Unidos alcanzou 20 millóns de descargas e no Brasil roldou as 16 millóns, sumadas ás case 7 millóns de México, sumando entre estes tres países máis da metade das descargas.[3]
Notas
editar- ↑ "Among Us, guía práctica para entender el fenómeno de moda". Eluniversal. 7 de outubro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ "Among Us’ Improbable Rise To The Top Of Twitch". Kotaku Australia (en inglés). 9 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2020.
- ↑ "Among Us - Revenue & Download estimates - Google Play Store - US". SensorTower (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Among Us |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)