Aminopeptidase N
Aminopeptidase N
| |
Identificadores | |
Símbolo | ANPEP |
Símbolos alt. | CD13, PEPN |
Entrez | 290 |
HUGO | 500 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001150 |
UniProt | P15144 |
Outros datos | |
Número EC | 3.4.11.2 |
Locus | Cr. 15 q25-q26 |
A aminopeptidase N (ANPEP) é un encima da membrana plasmática. Tamén se chama CD13 (cluster de diferenciación 13), alanil (membrana) aminopeptidase (nome oficial completo), aminopeptidase M, e alanina aminopeptidase. Este encima úsase como biomarcador para detectar danos nos riles e para axudar na diagnose de certos trastornos renais. Atópase en grandes niveis na urina en casos de problemas renais.
A aminopeptidase N está localizada nas membranas dos microvilli das células renais e do epitelio do intestino delgado, e tamén na membrana plasmática doutras células como as da liña mielomonocítica.[1]
No intestino delgado a aminopeptidase N intervén na dixestión final dos péptidos xerados pola hidrólise de proteínas polas proteases gástricas e pancreáticas. A súa función nas células do epitelio tubular proximal renal e noutros tipos celulares está menos clara.
O seu gran dominio extracelular carboxiterminal contén unha secuencia consenso pentapéptida característica de membros da superfamilia das metaloproteinases que se unen ao cinc. A comparación das secuencias con encimas coñecidos desta clase indica que a aminopeptidase N e o CD13 son a mesma proteína. A aminopeptidase N pensábase que estaba implicada no metabolismo de péptidos regulatorios por diversos tipos celulares, entre os que están as células do epitelio do intestino delgado (enterocito), e células epiteliais tubulares renais, macrófagos, granulocitos, e membranas sinápticas do sistema nervioso central.
A aminopeptidase N humana funciona como receptor para unha cepa do coronavirus humano, o cal é unha importante causa de infeccións no tracto respiratorio superior.
Está codificada por un xene do cromosoma 15 humano. Os defectos neste xene parecen ser unha causa de varios tipos e leucemia ou linfoma.[2]
Notas
editar- ↑ Janeway, Jr; et al. (2000). Inmunobiología. Masson, SA. ISBN 84-458-1176-2.
- ↑ "Entrez Gene: ANPEP alanyl (membrane) aminopeptidase (aminopeptidase N, aminopeptidase M, microsomal aminopeptidase, CD13, p150)".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Yeager CL, Ashmun RA, Williams RK; et al. (1992). "Human aminopeptidase N is a receptor for human coronavirus 229E". Nature 357 (6377): 420–2. PMID 1350662. doi:10.1038/357420a0.
- Shapiro LH, Ashmun RA, Roberts WM, Look AT (1991). "Separate promoters control transcription of the human aminopeptidase N gene in myeloid and intestinal epithelial cells". J. Biol. Chem. 266 (18): 11999–2007. PMID 1675638.
- O'Connell PJ, Gerkis V, d'Apice AJ (1991). "Variable O-glycosylation of CD13 (aminopeptidase N)". J. Biol. Chem. 266 (7): 4593–7. PMID 1705556.
- Watt VM, Willard HF (1990). "The human aminopeptidase N gene: isolation, chromosome localization, and DNA polymorphism analysis". Hum. Genet. 85 (6): 651–4. PMID 1977688. doi:10.1007/BF00193592.
- Look AT, Peiper SC, Rebentisch MB; et al. (1986). "Molecular cloning, expression, and chromosomal localization of the gene encoding a human myeloid membrane antigen (gp150)". J. Clin. Invest. 78 (4): 914–21. PMC 423717. PMID 2428842. doi:10.1172/JCI112680.
- Look AT, Ashmun RA, Shapiro LH, Peiper SC (1989). "Human myeloid plasma membrane glycoprotein CD13 (gp150) is identical to aminopeptidase N". J. Clin. Invest. 83 (4): 1299–307. PMC 303821. PMID 2564851. doi:10.1172/JCI114015.
- Olsen J, Cowell GM, Kønigshøfer E; et al. (1988). "Complete amino acid sequence of human intestinal aminopeptidase N as deduced from cloned cDNA". FEBS Lett. 238 (2): 307–14. PMID 2901990. doi:10.1016/0014-5793(88)80502-7.
- Kruse TA, Bolund L, Grzeschik KH; et al. (1988). "Assignment of the human aminopeptidase N (peptidase E) gene to chromosome 15q13-qter". FEBS Lett. 239 (2): 305–8. PMID 2903074. doi:10.1016/0014-5793(88)80940-2.
- Tokioka-Terao M, Hiwada K, Kokubu T (1985). "Purification and characterization of aminopeptidase N from human plasma". Enzyme 32 (2): 65–75. PMID 6149934.
- Watanabe Y, Iwaki-Egawa S, Mizukoshi H, Fujimoto Y (1995). "Identification of an alanine aminopeptidase in human maternal serum as a membrane-bound aminopeptidase N". Biol. Chem. Hoppe-Seyler 376 (7): 397–400. PMID 7576235. doi:10.1515/bchm3.1995.376.7.397.
- Favaloro EJ, Browning T, Facey D (1993). "CD13 (GP150; aminopeptidase-N): predominant functional activity in blood is localized to plasma and is not cell-surface associated". Exp. Hematol. 21 (13): 1695–701. PMID 7902291.
- Núñez L, Amigo L, Rigotti A; et al. (1993). "Cholesterol crystallization-promoting activity of aminopeptidase-N isolated from the vesicular carrier of biliary lipids". FEBS Lett. 329 (1-2): 84–8. PMID 8102610. doi:10.1016/0014-5793(93)80199-5.
- Söderberg C, Giugni TD, Zaia JA; et al. (1993). "CD13 (human aminopeptidase N) mediates human cytomegalovirus infection". J. Virol. 67 (11): 6576–85. PMC 238095. PMID 8105105.
- Kolb AF, Maile J, Heister A, Siddell SG (1996). "Characterization of functional domains in the human coronavirus HCV 229E receptor". J. Gen. Virol. 77. ( Pt 10): 2515–21. PMID 8887485.
- Norén K, Hansen GH, Clausen H; et al. (1997). "Defectively N-glycosylated and non-O-glycosylated aminopeptidase N (CD13) is normally expressed at the cell surface and has full enzymatic activity". Exp. Cell Res. 231 (1): 112–8. PMID 9056417. doi:10.1006/excr.1996.3455.
- Kolb AF, Hegyi A, Siddell SG (1997). "Identification of residues critical for the human coronavirus 229E receptor function of human aminopeptidase N". J. Gen. Virol. 78. ( Pt 11): 2795–802. PMID 9367365.
- Hegyi A, Kolb AF (1998). "Characterization of determinants involved in the feline infectious peritonitis virus receptor function of feline aminopeptidase N". J. Gen. Virol. 79. ( Pt 6): 1387–91. PMID 9634079.
- Dong X, An B, Salvucci Kierstead L; et al. (2000). "Modification of the amino terminus of a class II epitope confers resistance to degradation by CD13 on dendritic cells and enhances presentation to T cells". J. Immunol. 164 (1): 129–35. PMID 10605003.
- Pasqualini R, Koivunen E, Kain R; et al. (2000). "Aminopeptidase N is a receptor for tumor-homing peptides and a target for inhibiting angiogenesis". Cancer Res. 60 (3): 722–7. PMID 10676659.
- Renold A, Cescato R, Beuret N; et al. (2000). "Basolateral sorting signals differ in their ability to redirect apical proteins to the basolateral cell surface". J. Biol. Chem. 275 (13): 9290–5. PMID 10734069. doi:10.1074/jbc.275.13.9290.
Ligazóns externas
editar- A base de datos MEROPS para as peptidases e os seus inhibidores: M01.001 Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- MeshName - CD13+Antigens [1]