Amaryllis belladonna
Amaryllis belladonna | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flores de Amaryllis belladonna, Parque Sinkyone Wilderness State, California. | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
|
Amaryllis belladonna é unha planta perenne e bulbosa nativa de Suráfrica, cuxa característica máis destacada é que as súas flores atrompetadas aparecen antes que as follas. Durante moito tempo foi considerada a única especie do xénero Amaryllis, ata que a botánica Dierdre Snijman describiu en 1998 a A. paradisicola.
Descrición
editarA floración prodúcese normalmente nos meses de inverno e as flores xorden no extremo de longos talos, ofrecendo un amplo espectro cromático que vai desde o branco ao laranxa pasando polo rosa e o vermello.
É unha bulbosa, cada bulbo de 5 a 10 cm de diámetro. Follas de 30 a 50 cm de lonxitude e 2 a 3 cm de ancho, arranxadas en dúas filas. As follas prodúcense no outono e eventualmente caen na primavera. O bulbo logo entra en dormancia até fins do verán.
Taxonomía
editarAmaryllis belladonna foi descrita por Carl von Linné e publicada en Sp. Pl. 293 1753.[1][2][3]
Amaryllis: nome xenérico que se toma dunha frase na pastoral de Virxilio "Églogas", en idioma grego αμαρυσσω, (Latín amarysso) significando "para acender."[4]
belladonna: epíteto latino que significa "bela dama".[5]
|
|
Notas
editar- ↑ "Amaryllis belladonna". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de xullo de 2013.
- ↑ "Amaryllis belladonna". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2013.
- ↑ Amaryllis belladonna en PlantList
- ↑ http://behindthename.com/php/view.php?name=amaryllis
- ↑ En Epítetos Botánicas
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amaryllis belladonna |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amaryllis belladonna |