Amalia
Amalia[1] é un nome propio feminino galego. Procede do xermánico (amal ‘valente’) ou do escandinavo (aml ‘traballo’).[1] En galego ten a variante Amelia e os hipocorísticos Lucha, Malucha e Maluca.[1]
En xaneiro de 2023 existían 1.856 mulleres en Galicia co nome Amalia, cunha media de idade de 65,8 anos.[2]
Outras linguas
editar- Amalia: castelán, italiano, holandés, polaco, sueco
- Amália: húngaro, portugués
- Amàlia: catalán
- Amelia: castelán, inglés, polaco, sueco
- Amalie: alemán
- Amélia: húngaro, portugués
- Amélie: francés
Personaxes
editar- Santa Amalia de Maubege
- Amelia García, xornalista da Radio Galega
- Amália Rodrigues, fadista portuguesa