Amador Víctor González
xornalista español
Amador Víctor González, nado en Mondoñedo o 19 de xullo de 1890 e finado en Río Gallegos o 19 de abril de 1953, foi un tipógrafo e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1890 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Morte | 19 de abril de 1953 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Traxectoria
editarEmigrou sendo moi neno cos seus pais a Buenos Aires. Aos 15 anos xa daba conferencias nas prazas de Bos Aires. Fundou os periódicos La Gaceta del Sur, El Barrio, El Satírico, El Independiente, Letras Patagónicas e La Voz del Pueblo. Tamén foi redactor e colaborador de La Opinión Española, La Fronda, La Argentina, El Diario Español, La Batalla e La Nueva Provincia. Militou no anarquismo, o socialismo e o radicalismo, e as súas actuacións e escritos valéronlle varios procesos con penas de desterro e de cárcere.
Obras
editar- El espíritu obrero en la Patagonia, 1921.
- Huerto azul, 1940.