Alyssa Sutherland
- Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Sutherland
Alyssa Sutherland, nada o 23 de setembro de 1982 en Brisbane é unha actriz e modelo australiana.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1982 ![]() Brisbane, Australia ![]() |
Altura | 180 cm ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación e modelaxe ![]() |
Ocupación | actriz, modelo, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1997 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Laurence Shanet (2012–) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComa modelo
editarComezou a súa carreira coma modelo en 1997 na revista para adolescentes de Australia, Girlfriend, asinando tamén un contrato con Vogue Australia. Levou a cabo unha intensa campaña publicitaria, sendo a imaxe de Bulgari, Ralph Lauren, Garnier, Calvin Klein, Chanel, John Frieda, Kerastase, Hugo Boss e Abercrombie & Fitch.
Co tempo ademais da súa participación en Vogue, tanto en Australia coma en Alemaña, Italia, Grecia ou USA, tivo aparicións en Elle, Marie-Claire, Harper's Bazaar, Glamour Italy, I.D., Wallpaper* e The Face and Scene
Coma actriz
editarO seu primeiro papel no cinema foi en The Devil Wears Prada (O demo vístese de Prada), seguido de Day on Fire, Don't look up e a serie de televisión New Amsterdam. O seu papel máis coñecido ata o momento foi a súa participación na serie Vikings a finais da primeira tempada, coma a princesa Aslaug.
Filmografía
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2006 | The Devil Wears Prada | Clacker | |
2006 | Day on Fire | Claire | |
2008 | New Amsterdam | Alice | Televisión |
2008 | Huge | Izzy | Televisión |
2011 | Law and Order: Special Victims Unit | Kate | Televisión |
2012 | Arbitrage | A recepcionista de Jeffrey's | |
2013 | The Fortune Theory | Delilah Heinz | |
2013 | Vikings | Aslaug | Televisión |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Alyssa Sutherland na IMDb (en inglés).
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |