Altiplano de Siberia Central
O altiplano de Siberia Central (en ruso: Среднесиби́рское плоского́рье, en iacuto: Орто Сибиир хаптал хайалаах сирэ) é unha rexión xeográfica siberiana formada por un conxunto de mesetas pouco elevadas que se atopan entre os ríos Ienisei e Lena.[1] Cobre dous terzos de Siberia.[2]
Tipo | cordilleira Russian Large Landscape (en) ![]() upland (en) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Siberia ![]() | |||
Localización | ||||
Continente | Asia ![]() | |||
División administrativa | Rusia ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Planalto Putorana (pt) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 1.701 m ![]() | |||
Dimensións | 2.000 (![]() ![]() | |||
Punto máis alto | Mount Kamen (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Superficie | 3.500.000 km² ![]() | |||
Ten unha extensión de máis de 3 500 000 km² e a parte máis elevada é a meseta de Putorana que chega ata os 1700 m.[3] É unha rexión cun clima hostil, continental e frío e, aínda que posúe unha considerable riqueza mineral, mantívose practicamente deshabitada.
A maior parte do territorio está cuberto por bosques de coníferas. O río máis importante do altiplano é o río Tunguska Inferior. O clima é continental, con veráns curtos e cálidos e longos invernos moi fríos.
Administrativamente, pertence á Federación Rusa, concretamente á república de Sakha, o óblast de Irkutsk e o krai de Krasnoiarsk.
Xeografía
editarO altiplano de Siberia Central está limitado, ao norte pola chaira de Siberia Setentrional en que se atopa a chaira pantanosa Taimyr; ao sur polos diferentes macizos montañosos de Siberia meridional, como os montes Saian e as montañas Baikal que bordean o lago Baikal; ao oeste polo río Ienisei, que a separa da chaira de Siberia Occidental; ao leste, pola chaira de Iacutia Central, pola que discorre o curso baixo do río Lena. Ao leste do río sitúase a cordilleira Verkhoiansk, que pertence ás montañas de Siberia Oriental.
Está constituída principalmente por mesetas e cadeas montañosas claramente separadas, cunha altitude media de entre 500 e 700 m, pero con algúns subconxuntos que superan os 1000 m. O altiplano culmina na súa parte central a 1044 m, no suroeste aos 1104 m (dentro das montañas do Ienisei) e ao nordés na meseta do Viliui, que separa as concas do río Oleniok e do río Lena, a 962 m. O punto máis alto do altiplano está localizado no noroeste dos montes Putorana (1701 m).
Xeoloxía
editarO altiplano forma parte da Traps Siberianas, rexión xeolóxica creada por unha importante erupción volcánica hai uns 500 millóns de anos entre os períodos Pérmico e Triásico. O altiplano é rico en recursos minerais e enerxéticos: ouro, diamantes, ferro, carbón, petróleo e gas natural.
Flora
editarO altiplano está cuberto principalmente pola taiga, que cara ao norte vai sendo substituída pola tundra e a tundra boscosa. Esta última caracterízase pola vexetación a nivel do chan de musgos, fieitos e arbustos.
Notas
editar- ↑ Среднесибирское плоскогорье (Central Siberian Plateau) Arquivado 27 de xullo de 2020 en Wayback Machine. / Great Russian Encyclopedia; in 35 vol.] / Ch. ed. Yu.S. Osipov . - M .: Great Russian Encyclopedia, 2004—2017.
- ↑ "The Central Siberian Plateau". Encyclopædia Britannica. Consultado o 13-07-2007.
- ↑ Russia. Topographic map R-45,46; M 1: 1 000 000
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Altiplano de Siberia Central |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |