Altiplano de Mongolia
O altiplano de Mongolia é a parte do altiplano de Asia Central situado entre os 37°46′-53°08′N e os 87°40′-122°15′L e cunha área de aproximadamente 3 200 000 km2. Está limitado polas montañas do Gran Hinggan polo leste, as montañas Yin polo sur, o Altai polo oeste e as montañas Saian e Khentii polo norte.[1] O altiplano inclúe o deserto de Gobi ademais de rexións esteparias. Ten unha altitude de entre 1000 e 1500 metros, co punto máis baixo en Hulunbuir e o máis alto no Altai.[1]
(mn) Монголын тэгш өндөрлөг (mn) ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ ᠤᠨ ᠲᠡᠭᠰᠢ ᠥᠨᠳᠥᠷᠯᠢᠭ ![]() | |||||
Tipo | Meseta ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Rusia ![]() | ||||
Localización | Asia interior ![]() | ||||
| |||||
O altiplano divídese entre Mongolia, a China e Rusia. Na China, ocupa partes das rexións autónomas de Mongolia Interior e Xinjiang. En Rusia, o altiplano forma parte de Buryatia e do sur do óblast de Irkutsk.
Historia
editarO altiplano foi habitado e conquistado por varios pobos, cronoloxicamente Xiongnu, Xianbei, Göktürks, dinastía Tang, dinastía Liao, Imperio Mongol e a dinastía Qing.
Cambios no medio ambiente
editarMoitos lagos do altiplano de Mongolia, como os lagos Qagaan Nurr e XinKai, reduciron en dous terzos a súa superficie. Algúns secaron totalmente, como os lagos Huangqihi e Naiman Xihu entre 1980 e 2010. A pesar de que uns poucos lagos medraron, como o lago Juyan Oriental e o Had Paozi, a superficie total dos lagos reduciuse nun 30%.[2][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Zhang, Xueyan; Hu, Yunfeng; Zhuang, Dafang; Qi, Yongqing; Ma, Xin (2009). "NDVI spatial pattern and its differentiation on the Mongolian Plateau". Journal of Geographical Sciences (Springer-Verlag) 19 (4): 405. doi:10.1007/s11442-009-0403-7.
- ↑ "Shrinking Lakes on the Mongolian Plateau". NASA. 8 de abril de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ Tao, Shengli; Fang, Jingyun; Zhao, Xia; Zhao, Shuqing; Shen, Haihua; Hu, Huifeng; Tang, Zhiyao; Wang, Zhiheng; Guo, Qinghua (17 de febreiro de 2015). "Rapid loss of lakes on the Mongolian Plateau". Proceedings of the National Academy of Sciences 112 (7): 2281–2286. PMC 4343146. PMID 25646423. doi:10.1073/pnas.1411748112.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- John, Ranjeet; et al. (2013). "Vegetation response to extreme climate events on the Mongolian Plateau from 2000 to 2010". Environmental Research Letters (IOP Publishing) 8 (3): 035033. doi:10.1088/1748-9326/8/3/035033.
- "Mongolian Plateau region, Mongolia and China". Britannica.com. Encyclopædia Britannica. 2 de agosto de 1999. Consultado o 26 de novembro de 2016.