Alternativa por Abegondo
Alternativa por Abegondo (AxA) é un partido político de ámbito municipal de Abegondo rexistrado o 14 de marzo de 2011[1] presidido por Fátima María Insua López.
Alternativa por Abegondo | |
---|---|
Partido político de Abegondo | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Fátima María Insua López |
Historia | |
Fundación | 2011 |
Representación | |
Concelleiros no 2011 | 3 / 13 |
Concelleiros no 2015 | 4 / 13 |
Resultados electorais
editarNas eleccións municipais de 2011 logrou 734 votos, o 19,97%, e tres concelleiros permanecendo na oposición nos seguintes catro anos ao ter o PP a maioría absoluta. Nas eleccións de 2015 tivo 1041 votos, o 31,13%, subindo ata os catro concelleiros e manténdose na oposición ao reter o PP a maioría absoluta na corporación municipal.
Notas
editar- ↑ "Rexistro de partidos do Ministerio do Interior". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 27 de maio de 2015.