Alpidia García Moral
Alpidia García Moral, coñecida como Maruxa, nada en Sobrado en 1905 e finada en Vilasinde (A Veiga de Valcarce) o 17 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista do Bierzo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() Sobrado, España ![]() |
Morte | 17 de marzo de 1949 ![]() Vilasinde, España ![]() |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Maruxa ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLogo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu home foi paseado en outubro. Comezou a colaborar coa guerrilla, convertendo a súa casa nun importante punto de apoio. En 1943, durante unha inspección rutineira da Garda Civil, foron sorprendidos na súa casa un grupo de guerrilleiros. Os guerrilleiros lograron fuxir e Alpidia marchou con eles. Integrouse no grupo de Silverio Yebra Granja con Abelardo Macías Fernández, Oliveros Fernández Armada, Victorino Nieto Rodríguez e Hilario Álvarez Méndez, e foi compañeira de Victorino Nieto. Permaneceu coa guerrilla ata que o 17 de marzo de 1949 o grupo foi cercado. Abelardo Macías e Hilario Álvarez foron abatidos. Alpidia foi detida con vida e asasinada de inmediato por un sarxento da Garda Civil en presenza de varios veciños de Vilasinde. Oliveros Fernández e Victorino Nieto lograron fuxir.
Vida persoal
editarFoi nai de Ángela Losada García.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.