Alonso Fernández de Lugo
fidalgo e conquistador castelán
Alonso Fernández de Lugo, nado en Sanlúcar de Barrameda, c. 1456 e finado en San Cristóbal de la Laguna o 20 de maio de 1525, foi un fidalgo e conquistador castelán-andaluz responsable da incorporación definitiva das Illas Canarias á Coroa de Castela no século XV.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1456 ![]() Sanlúcar de Barrameda, España ![]() |
Morte | 20 de maio de 1525 ![]() Tenerife, España ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Nosa Señora dos Remedios (1880–) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | administrator of the government (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Beatriz de Bobadilla ![]() |
Fillos | Pedro Fernández de Lugo ![]() |
![]() |
Participou na conquista de Gran Canaria e capitaneou as da Palma e Tenerife, das que sería gobernador. Tamén foi nomeado polos Reis Católicos capitán xeneral de Berbería «dende o cabo de Aguer até o de Bojador» e Adiantado das illas Canarias.[1]
Notas
editar- ↑ La Conquista de Tenerife (1494-1496). Cabido Insular de Tenerife. ISBN 84-500-7108-9.