Alma Mahler
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Alma Mahler-Werfel, nada o 31 de agosto de 1879 como Alma María Margaretha Schindler en Viena e finada o 11 de decembro de 1964 en Nova York, foi unha compositora austríaca.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Alma Mahler-Werfel ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Alma Maria Schindler ![]() 31 de agosto de 1879 ![]() Viena, Austria ![]() |
Morte | 11 de decembro de 1964 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Grinzing ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas ![]() |
Ocupación | compositora, modelo, escritora, biógrafa, pintora, coleccionista de arte ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Profesores | Alexander von Zemlinsky ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Franz Werfel (1929–1945), morte do cónxuxe Walter Gropius (1915–1920), divorcio Gustav Mahler (1902–1911), morte do cónxuxe ![]() |
Parella | Oskar Kokoschka ![]() |
Fillos | Maria Anna Mahler ( ![]() Anna Mahler ( ![]() Manon Gropius ( ![]() ![]() |
Pais | Emil Jakob Schindler ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
restitution of Nazi-looted art (en) ![]() ![]() | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Dictionary of Women Worldwide Women Writers of Germany, Austria, and Switzerland, (p.245-246) >>>:Werfel, Alma Mahler ![]() |
Sitio web | alma-mahler.com… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEducouse na súa propia casa baixo a supervisión do seu pai, Emil Jakob Schindler, un pintor de paisaxes. Casou con Gustav Mahler en 1902. Das súas dúas fillas, só sobreviviu Anna Mahler, escultora. En 1910, persuadiu a Mahler para seleccionar e publicar cinco das súas cancións. Publicou outras coleccións de cancións en 1915 e 1924, ano no que publicou a súa edición de cartas e o manuscrito facsímile da súa incompleta décima sinfonía. Nese momento mantiña unha relación co pintor Oscar Kokoschka, e casou e divorciouse do arquitecto Walter Gropius. En 1929 casou co seu terceiro marido, o poeta e novelista Franz Werfel, con quen posteriormente fuxiu da Austria nazi a través de Francia, cara a América, chegando alí en 1940. En California Alma converteuse nunha anfitrioa da comunidade emigrada que incluía a Thomas Mann, Bruno Walter e Arnold Schoenberg. Mantivo un estilo de vida similar en Nova York despois da morte de Werfel en 1945 ata que morreu en 1964 e foi enterrada xunto á súa filla, Manon en Grinzing, preto de Viena.
A fama de Alma Mahler débese en primeiro lugar aos seus matrimonios e os seus affaires cos máis grandes artistas da súa época, o máis notable deles Gustav Mahler, de quen tomou o seu apelido. Como compositora, escribiu pouco e só se conservan dezaseis lieder.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |