Alingua
Asociación de entidades locais pola lingua galega
Alingua é unha asociación de entidades locais creada para promover, coordinar, dinamizar, impulsar, asesorar e apoiar todas aquelas accións que fomenten o uso da lingua galega.
Alingua | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 2019 |
Fundador(es) | Rianxo, Pontevedra, O Grove, Ames, Narón, Rois, Santiago de Compostela, A Baña, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Moaña, Ponteceso, Redondela, Ribadeo, Teo e Vilagarcía de Arousa |
Eventos/Actividades | Enreguéifate, Youtubeir@s e Proxecto Apego |
Na rede | |
https://alingua.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actividade
editarA asociación fundouse no ano 2019 polos seguintes concellos: Rianxo, Pontevedra, O Grove, Ames, Narón, Rois, Santiago de Compostela, A Baña, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Moaña, Ponteceso, Redondela, Ribadeo, Teo e Vilagarcia de Arousa.[1]
Na actualidade desenvolve os seguintes proxectos:
- Apego: Un programa dirixido ás familias como axuda á socialización en galego dos máis cativos.[2]
- Club de debate: Programa que tenta crear espazos de socialización e convivencia en galego, a través de xornadas de formación, traballos e ensaios de investigación, e intensas xornadas de debate. Esta dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos.[3]
- Youtubeir@s: Programa dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego en Youtube.[4]
- Enreguéifate: Proxecto que promociona a lingua galega a través da difusión da improvisación oral en verso (regueifa).[5]
- O gran reto: webserie na que unha persoa castelán documenta con vídeos o proceso de comezar a empregar o galego no seu día a día.[6]
Notas
editar- ↑ "alingua". alingua.gal. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Apego". Apego.gal. Consultado o 2022-03-24.
- ↑ "Club de debate". www.facebook.com. Consultado o 2022-03-24.
- ↑ "Youtubeiras". youtubeiras.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 2022-03-24.
- ↑ "Enreguéifate - Súmate á regueifa expansiva!". Enreguéifate!. Consultado o 2022-03-24.
- ↑ "'O gran reto': a webserie das que se pasan ao galego". Vinte. 2023-07-05. Consultado o 2023-07-12.