Alida González Arias
Alida González Arias, coñecida como Penca, nada en Salas de los Barrios (O Bierzo) en 1915 e finada no mesmo concello en 2006, foi unha guerrilleira antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 ![]() Salas de los Barrios, España ![]() |
Morte | 2006 ![]() Salas de los Barrios, España ![]() |
Outros nomes | Penca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Traxectoria
editarCasou con José Losada Yáñez, militante da UGT, que logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Alida ocultou ao seu home e foi detida cando lle levaba alimentos e municións. Xulgada en consello de guerra, estivo presa no campo de concentración de San Marcos en León, volveu ser detida, e finalmente desterrada a Cantalapiedra (Salamanca), onde un 27 de abril de 1939 recibiu a noticia da morte do seu home por unha patrulla de gardas civís e falanxistas. Volveu a Salas e converteuse nun enlace da guerrilla.
En 1945 o seu nome apareceu na lista encontrada pola Garda Civil na casa de Columbrianos e decide unirse ao grupo de Manuel Girón Bazán. Converteuse na compañeira de Girón durante cinco anos ata que o comandante da Garda Civil Miguel Arricivita lle tendeu unha emboscada coa infiltración de José Rodríguez Cañueto, que o asasinou o 2 de maio de 1951, para atribuírlle a Alida a traizón e morte do seu compañeiro Girón.[1] Alida foi detida e pronto logrou a liberdade pero tivo que sufrir o resto da súa vida o rexeitamento dos que preferiron crer as mentiras divulgadas polo comandante Arricivita. Durante anos estivo en Suíza e finou en Salas de los Barrios aos 91 anos.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Bouzas, Pemón (2022). Cando os lobos escoitaban a radio. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-091-5.
- Macías, Santiago (2005). El monte o la muerte. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-454-3.