Alguna pregunta més?
programa de humor da TV3
Alguna pregunta més? ou APM? é un programa de televisión da TV3 que orixinariamente foi un espazo radiofónico de Catalunya Ràdio. En ton humorístico, o programa amosa as mellores imaxes da semana, parodia programas doutras canles, versiona anuncios e fai dobraxes. É o programa de entretemento máis veterano da TV3.[1]
Alguna pregunta més? | |
---|---|
Formato | Programa de televisión de humor |
Producido por | Royal Box |
Localización(s) | Cataluña |
Cadea | TV3 |
Día da estrea | 14 de xullo de 2004 |
Nº de temporadas | 18 |
Na rede
| |
https://www.ccma.cat/tv3/apm/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Seccións
editarAPM? baséase en vídeos de zapping que amosan a actualidade do país e situacións curiosas, presentadas sempre de forma satírica. Tamén utilizan vídeos recorrentes a modo de resposta, sketches, parodias e dobraxes. Ademais, hai espazos de imaxe real, como Homo APM?. Porén, o programa catalán comprende diferentes apartados nos que a temática é diferente ao resto:
- Pressing APM?: diferentes actores actuais e personaxes famosos enfróntanse aos seus fallos na televisión.
- La televisió és cultura (en gl. "A televisión é cultura"): entrevistas a personaxes relevantes da televisión catalá e estatal.
- Homo APM: bromas de cámara oculta cun actor chamado popularmente como "Homo APM", que crea situacións con frases do programa. Está interpretado por Manel Piñero, un dos guionistas do programa.
- El defensor de l'espectador (en gl. "O defensor do espectador"): sae un momento exasperante da televisión ou de Internet combinado con comentarios de indignación de seareiros do Barça.
- Cinquè mil·leni (en gl. "Quinto Milenio"): sección que imita de forma ocorrente o programa emitido en Cuatro, Cuarto Milenio.
- Què m'has dit? (en gl. "Que me dixeches?"): sección que recolle fallos de dicción na televisión.
- Per un Tub (en gl. "Por un Tubo"): toman fragmentos de películas e dóbranas coas frases célebres do programa. A pantalla toma a aparencia de YouTube.
- APM? Trailer: encáixase un tema de actualidade no tráiler dun filme, serie ou tráiler de videoxogo de estrea actual.
- Xooof: amósanse contradiccións entre persoas en distintos programas de televisión, tralos que se amosa unha caída ou tiro a unha piscina.
- Clàssics APM? (en gl. "Clásicos APM?"): similar a APM? Tráiler, utilízase un filme antigo.
- Sputnik: sección musical que imita de forma ocorrente o programa Sputnik, que emite El 33.
- La parabòlica (en gl. "A parabólica"): utilizan vídeos de calquera idioma estranxeiro e inventan subtítulos acordes aos temas de actualidade. Moitos deses vídeos son usados de xeito recorrente, como o videoclip de "Novi god" de Steklovata.
- Fot Lee: amósanse fragmentos de programas televisivos nos que diversas personalidades públicas reciben duras críticas por parte doutras persoas.
- APM? Sessions: sección musical onde fan montaxes con momentos televisivos.
- Encarats: mestúranse caras de famosos.
- Si és veritat..., seria el rècord Guinness! (en gl. "Se é verdade, sería o récord Guiness"): sección onde collen fragmentos de novas e móntanas conseguindo unha noticia divertida.
- Notícies d'actualitat: sección onde os Venga Monjas saen á rúa a preguntar á xente se unha serie de titulares son reais ou falsos.
- Al carrer (en gl. "Na rúa"): sección onde o reporteiro Jordi Asturgó sae a preguntar á xente por un tema.
- Els catalans fan coses (en gl. "Os cataláns fan cousas"): Peyu recorre as vilas de Cataluña para propoñer retos aos cataláns.
- El Mundo Today Cat: informativo satírico.
- Díaz de fúria: Joel Díaz, reporteiro "iconoclasta e enfant terrible", realiza reportaxes onde fai preguntas a personaxes públicos.
- Ciutat Juárez: sección onde Isma Juárez realiza reportaxes de actualidade en Madrid.
Programas e audiencias
editarTempadas
editarTempada | Programas | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Share | ||||||
1 | 39 | 14 de xullo de 2004 | 13 de xuño de 2005 | 636 000 | 24,2% | ||
2 | 37 | 12 de setembro de 2005 | 25 de xullo de 2006 | 627 000 | 22,5% | ||
3 | 32 | 11 de setembro de 2006 | 24 de xullo de 2007 | 296 000 | 12,6% | ||
4 | 31 | 10 de setembro de 2007 | 22 de xullo de 2008 | 581 000 | 19,2% | ||
5 | 42 | 30 de setembro de 2008 | 21 de xullo de 2009 | 631 000 | 19,9% | ||
6 | 37 | 15 de setembro de 2009 | 13 de xullo de 2010 | 586 000 | 18,2% | ||
7 | 41 | 14 de setembro de 2010 | 5 de xullo de 2011 | 614 000 | 18,9% | ||
8 | 40 | 13 de setembro de 2011 | 10 de xullo de 2012 | 599 000 | 18,0% | ||
9 | 31 | 12 de setembro de 2012 | 10 de xullo de 2013 | - | - | ||
10 | 36 | 18 de setembro de 2013 | 16 de xullo de 2014 | - | - | ||
11 | 40 | 17 de setembro de 2014 | 29 de xullo de 2015 | - | - | ||
12 | 44 | 16 de setembro de 2015 | 20 de xullo de 2016 | - | - | ||
13 | 41 | 14 de setembro de 2016 | 5 de xullo de 2017 | - | - | ||
14 | 44 | 20 de setembro de 2017 | 25 de xullo de 2018 | - | - | ||
15 | 42 | 12 de setembro de 2018 | 24 de xullo de 2019 | - | - | ||
16 | 40 | 18 de setembro de 2019 | 16 de xullo de 2020 | - | - | ||
17 | 40 | 9 de setembro de 2020 | 24 de xuño de 2021 | - | - | ||
18 | 15 de setembro de 2021 | ¿? xuño de 2022 | - | - | |||
Total | 617 | 2004 | - | - | - |
Premios
editar- 1997: Premio Ondas ao mellor programa de radio Local.
- 2009: Premio ao mellor comunicador outorgado pola Facultade de Comunicación Blanquerna da Universidade Ramon Llull.
- 2014: "Premio Ondas nacional de televisión ao mellor programa emitido por emisoras o cadeas non nacionais.[2]
Notas
editar- ↑ "Información do programa - APM?". Consultado o 14 de outubro de 2021.
- ↑ "Premios Ondas on Twitter: "Premio Ondas nacional de Tv al mejor programa emitido por emisoras o cadenas no nacionales “Alguna pregunta més” de @tv3cat"". 6 de novembro de 2014. Consultado o 6 de novembro de 2014.