Algar, Cádiz
Algar (con anterioridade a 1842 Santa María de Guadalupe del Algar) é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 1.564 habitantes. A súa extensión superficial é de 27 km² e atópase situada a 87 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz ![]() | ||||
Capital | Algar (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.436 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 27 km² ![]() | ||||
Altitude | 212 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | María José Villagrán Richarte ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11639 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11003 ![]() | ||||
Sitio web | algar.es ![]() | ||||
![]() |
Forma parte da Ruta dos pobos brancos, xunto ao río Majaceite, e está moi próximo ao pantano dos Furóns (principal fonte de auga de Cádiz).
A orixe da poboación é de 1773. Creouna o rico comerciante Domingo López de Carvajal, tras comprar unhas devesas en 1757 e posteriormente poboalas con colonos. O seu trazado urbano é racionalista, con rúas paralelas e praza central.
Actualmente Algar vive da agricultura, a gandaría, o traballo da pel, a madeira e o turismo rural.
Demografía
editarEvolución da poboación desde 1900.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/gl/timeline/47q0bel5jf2voo4a7vgptwmq7v1u5e8.png)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Algar, Cádiz |
- Algar Arquivado 02 de maio de 2006 en Wayback Machine. - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía