Alfredo Vázquez Jiménez
Alfredo Vázquez Jiménez, nado en Vigo o 24 de abril de 1963, é un ex-regatista galego. Participou na proba da clase soling dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, xunto ao entón príncipe de Asturias Felipe de Borbón, e con Fernando León de temoneiro, obtendo a sexta praza e con ela un diploma olímpico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1963 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | regatista ![]() |
Deporte | vela ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a9/A_cidade_de_Vigo_%C3%B3s_seus_atletas.jpg/220px-A_cidade_de_Vigo_%C3%B3s_seus_atletas.jpg)
Traxectoria
editarComezou xogando ao voleibol no Club Vigo, antes de pasar a practicar vela no Real Club Náutico da mesma cidade.[2] A finais dos anos 80 formou equipo con Filipe de Borbón, naquel entón príncipe de Asturias, e con Fernando León, logrando a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, na clase soling.
Foi o primeiro regatista galego nuns Xogos Olímpicos, dos que regresou cun diploma olímpico ao quedar o equipo español na sexta praza.[3] Ao ano seguinte foi campión de España da clase laser.[4]
Notas
editar- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ "El olímpico vigués más real" (en castelán). 17 de maio de 2021. Consultado o 7 de setembro de 2021.
- ↑ "Soling nos Xogos Olímpicos de 1992". Comité Olímpico Internacional (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2021.
- ↑ "Alfredo Vázquez, campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de outubro de 1993. p. 50.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do regatista no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en castelán).