Alfredo Bautista Alconero
Alfredo Bautista Alconero, coñecido como Reisiño e Rey, nado en Ponteareas o 4 de novembro de 1912[1] e finado no Porriño o 13 de decembro de 2000,[2] foi un debuxante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Morte | 13 de decembro de 2000 ![]() O Porriño, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | debuxante, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFacía caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Futbolista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero Piruel. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Catro días despois conmutáronlle a pena por 30 anos de cárcere. Cumpriu a condena no campo de concentración da Illa de San Simón, onde fixo caricaturas de varios dos alí recluídos. Saíu en liberdade en 1940, casou e instalouse no Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo.
Recoñecementos
editarO Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero leva o seu nome.[3]
Un campo de fútbol da parroquia ponteareá de Ribadetea leva o seu nome.
Vida persoal
editarCasou con Charo Hermida.
Notas
editar- ↑ El Tea, 16-11-1912, p. 72.
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 15-12-2000, p. 72.
- ↑ "Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-157-5.
- Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados.
Ligazóns externas
editar- Pato, Alfonso (15/12/2006). "Namorarse en San Simón" El País.