Alfonso García Sanmartín
profesor e editor galego
Alfonso García Sanmartín, nado en Gundiá (Albá, Palas de Rei) o 2 de setembro de 1946 e finado na Coruña o 27 de outubro de 2022, foi un docente e editor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1946 ![]() Gundiá, España ![]() |
Morte | 27 de outubro de 2022 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, editor ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca, foi docente no Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña desde 1970, centro do que foi director. Ademais, exerceu como vicepresidente da Confederación Española de Centros de Ensino (CECE).
Foi responsábel de Rodeira-Edebé, e durante dous mandatos bianuais presidiu a Asociación Galega de Editoras: entrou en 2006 en substitución de Fabiola Sotelo[1][2] e saíu en 2010, cando foi relevado no posto polo vigués Manuel Bragado.[3] Finou na Coruña o 27 de outubro de 2022.[4]
Notas
editar- ↑ "Alfonso G. Sanmartín, á fronte da Asociación Galega de Editores". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-09.
- ↑ "García Sanmartín, reelixido como presidente dos editores galegos". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-09.
- ↑ Bragado, novo presidente dos editores galegos Arquivado 18 de xullo de 2010 en Wayback Machine., nova aparecida en Xornal de Galicia o 16 de xullo de 2010.
- ↑ Nova do pasamento anunciada pola Asociación Galega de Editoras.