Alfonso Cela Vieito
Alfonso Cela Vieito, nado en Carracedo (Láncara) o 11 de xullo de 1885 e finado en Madrid o 26 de febreiro de 1932, foi un toureiro coñecido como "Celita", o único galego da historia en tomar a alternativa.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1885 ![]() Carracedo, España ![]() |
Morte | 26 de febreiro de 1932 ![]() Madrid, España ![]() |
Outros nomes | Celita ![]() |
Actividade | |
Ocupación | toureiro ![]() |
Cronoloxía | |
Alternativa (tauromaquia) (pt) ![]() | |
confirmación de alternativa (en) ![]() ![]() |
Vida e carreira
editarNaceu nunca familia humilde, e á morte do seu pai emigrou a Madrid, en 1896. Alí comezou a traballar de carniceiro e a interesarse pola tauromaquia. O seu irmán Claudio Cela, e o seu sobriño Alfonso Cela Martín, tamén tourearon, pero nunca tomaron a alternativa.
A súa carreira como matador de touros comezou en 1906 polas provincias de Soria e Segovia. En 1909 toureou por primeira vez en Madrid, no vello coso de Tetuán. A alternativa de "Celita" tivo lugar na antiga Praza de Touros da Coruña o 15 de setembro de 1912, tendo como padriño a Manuel Bienvenida. Alfonso Cela tivo unha grande actuación en Barcelona o 12 de xullo do ano 1914 matando el só 6 touros.
Os seus mellores anos foron entre 1914 e 1917. En 1916 confirmou a súa alternativa en Madrid. Ese ano participou en 23 festexos. A súa primeira actuación en México foi o 24 de outubro de 1920, na praza El Toreo. O 5 de maio de 1921 foi ferido con gravidade nun glúteo toureando en Madrid. A súa derradeira corrida foi o 25 de xuño de 1922, en Madrid.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Celita" en PortalTaurino.Com (en castelán)
- "Celita, primer matador gallego"[Ligazón morta] artigo de El Universal (en castelán)
- Alfonso Cela en www.galegos.info
- "Los toros en Galicia" artigo de El Progreso (en castelán)