Alexander Misurkin
cosmonauta ruso
Alexander Alexanderovich Misurkin, nado en Yershichi (Rusia) o 23 de setembro de 1977, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-08M e Soiuz MS-06 e foi membro das expedicións 35, 36, 53 e 54 á Estación Espacial Internacional.[1]
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1977 ![]() Yershichi, Rusia (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, aviador ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | podpolkovnik (pt) ![]() ![]() |
Tempo no espazo | 346 días, 7 horas e 4 minutos ![]() |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Traxectoria
editarMisurkin graduouse na Escola Superior da Forza Aérea para Pilotos en Kacha en 1998. En outubro de 1999 graduouse como piloto e enxeñeiro no Instituto de Aviación Militar Armavir.[1]
Foi seleccionado como cosmonauta en outubro de 2006, participando nas misións Soiuz TMA-08M e Soiuz MS-06 e sendo membro das expedicións 35, 36, 53 e 54 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 334,48 días no espazo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Misurkin, Aleksandr Aleksandrovich" (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander Misurkin |