Alejo Carpentier
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Alejo Carpentier Valmont, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante. Foi o criador do concepto literario real-marabilloso na súa novela "El reino de este mundo" precursor do realismo fantástico.
Nome orixinal | (es) Alejo Carpenter y Valmont |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Alejo Carpentier Valmont 26 de decembro de 1904 Lausana, Suíza |
Morte | 24 de abril de 1980 (75 anos) 7º distrito de París, Francia |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | necrópole de Cristóbal Colón |
Cultural attaché (en) Embassy of Cuba, France (en) | |
1966 – | |
Embaixador | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Caracas (1945–1959) París A Habana |
Ocupación | Novelista |
Período de actividade | 1924 - |
Movemento | Surrealismo e realismo mágico (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Карпентьер Алехо) Obálky knih, |
Traxectoria
editarEstá considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana, particularmente a través do seu estilo, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños, mitos, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura.
Foi amais xornalista, profesor da universidade, diplomático e musicólogo sendo esta, a música, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial.
Obra
editarCarpentier deixou unha obra que principalmente se desenvolve no relato, o ensaio e a novela, sendo esta última se cadra a máis cultivada. Ten o seu cumio na obra que leva por título El Siglo de las Luces, traducida a diversas linguas e considerada pola crítica coma unha obra mestra.
Títulos en castelán
editar- ¡Écue-Yamba-O! (1933).
- El reino de este mundo (1949).
- Los pasos perdidos (1953).
- Guerra del tiempo (1956).
- El acoso (1958).
- El Siglo de las Luces (1962).
- El recurso del método (1974).
- Concierto barroco (1974).
- El arpa y la sombra (1978).
- La consagración de la primavera (1978).
- Visión de América.
- Los advertidos (relato).
- Semejante la noche (relato).
- Viaje a la semilla (relato).
- Los fugitivos (relato).
Libreto de Ópera
editar- Manita en el suelo, música de Alejandro García Caturla.
Filmografía
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejo Carpentier |
Bibliografía
editar- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.