Alejandro Macías
Alejandro Macías, nado en Ponferrada en 1977, é un xornalista e presentador de televisión.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Ponferrada, España ![]() |
Traxectoria
editarAlejandro Macías comezou a relacionarse cos medios de comunicación locais dende moi novo, pero non adquire unha formación ata que se licencia en Xornalismo na Universidade Antonio de Nebrija de Madrid.
Entre 1999 e 2000 presentou "Conexión 01", un divulgativo sobre informática e novas tecnoloxías emitido a diario por Telemadrid SAT e semanalmente por Canal Sur 2.
Comezou a desenvolver tarefas de infomación en Televisión Ponferrada e en Cadena SER no Bierzo. En 2000 trasladouse a Santiago de Compostela, onde presentou informativos e dirixiu o departamento de programas en Localia. Entre os espazos que presentou e dirixiu durante os seis anos que permaneciu na canle local destaca "Plató Abierto", un magazine diario de hora e media en directo. En febreiro de 2007 debutou como presentador do programa da TVG Criaturas, un docu-show sobre as relacións entre persoas e animais en Galicia.
O espazo emitiuse en prime time durante varias temporadas con éxito de audiencia e recoñecemento da crítica. Estivo nomeado a mellor programa dúas veces nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego e unha a mellor comunicador.
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor comunicador | Criaturas | Nomeado |