Aleister Crowley
Aleister Crowley, nado co nome de Edward Alexander Crowley en Leamington o 12 de outubro de 1875 e finado en Hastings o 1 de decembro de 1947, foi un ocultista, escritor, místico e hedonista británico. Coñecido polos seus escritos ocultistas, especialmente The Book of the Law, o texto sagrado central do Thelema.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) Edward Alexander Crowley ![]() 12 de outubro de 1875 ![]() Royal Leamington Spa, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1 de decembro de 1947 ![]() Hastings, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | bronquite ![]() |
Relixión | Thelema ![]() |
Educación | Trinity College Eastbourne College (en) ![]() Tonbridge School (en) ![]() Malvern College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ocultismo ![]() |
Ocupación | dramaturgo, montañista, astrólogo, xadrecista, fundador, escritor, ocultista, autobiógrafo, novelista, compositor de xadrez ![]() |
Membro de | |
Movemento | Thelema ![]() |
Pseudónimo literario | H. D. Carr ![]() |
Deporte | xadrez ![]() |
Participou en | |
1902 | 1902 Karakoram expedition (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Rose Edith Kelly (1903–1909) ![]() |
Parella | Greta Valentine ![]() |
Fillos | Randall Gair Doherty ( ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Medvik >>>:Crowley, Aleister, 1875-1947, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo dun millonario cervexeiro galés, pronto quedou orfo e herdou unha gran fortuna. Foi criado por dúas tías solteiras que pertencían ós Irmáns de Plymouth, unha igrexa protestante moi puritana, estudou en Cambridge, onde por primeira vez empezou a sentirse libre lonxe da súa familia: desa época datan os seus primeiros ensaios, novelas e poesías eróticas. Como ocultista adoptou, a modo dun dos seus nomes máxicos, o de Baphomet, para o que deseñou un símbolo, baseándose nun deseño orixinal tallado en pedra.
Ingresou no Templo de Isis-Urania da Orde Hermética da Aurora Dourada de carácter rosacruciana: enfrontado con outros membros da orde como William Butler Yeats e S. L. McGregor Mathers, deixou a orde e creou a organización ocultista Astrum Argentum (A:.A:.), chegando tamén a ser cabeza visible da OTO (Ordo Templi Orientis), tamén foi membro honorífico doutras sociedades secretas e loxas masónicas.
Retirouse a Escocia, preto da localidade de Foyers onde mercou unha casa a beiras do famoso Lago Ness á que chamou Pazo de Boleskine. Alí, de acordo co antigo costume escocés de chamar "Laird" a un terratenente, fíxose chamar Laird de Boleskine e Abertarff.
Crowley chamou Iluminismo Científico ó seu sistema para a A:. A:. e para divulgar os ensinos do mesmo escribiu, xunto con varios colaboradores, a serie de revistas chamadas "O Equinoccio" (The Equinox). O lema do Iluminismo Científico é "O método da Ciencia, o obxectivo da Relixión", lema no que, conforme aclara o propio Aleister Crowley, "está expresado todo".