Aldonza de Galicia e León
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Aldonza de Galicia e León (tamén escrito Aldonça segundo a grafía da época, ou Dulce), nada cara a 1195 e finada cara a 1245, foi unha nobre galega, raíña de Galiza e León de iure durante escaso período de tempo en 1230, en conxunto coa súa irmá máis vella Sancha II, aínda que de feito non exercese calquera funcións gobernativas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1194 (Gregoriano) |
Morte | 1248 (53/54 anos) Vilaboa, España |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Outro | |
Título | Infante of León (en) |
Pais | Afonso VIII de León e Galicia e Tareixa de Portugal |
Irmáns | Urraca Afonso de Leão Berengária de Leão Sancha de Galicia e León Afonso de Molina Fernando III de Castela Fernando Afonso |
Traxectoria
editarAldonza era filla de Afonso VIII de Galiza e León e da súa primeira esposa, a princesa portuguesa Tareixa Sanches, filla do rei Sancho I de Portugal. Dese casamento resultou tamén o nacemento de máis unha filla, Sancha, e dun rapaz, Fernando (falecido en 1214), príncipe de Galiza e León, e quen tería sido herdeiro de Afonso VIII. Con todo, o matrimonio viría a ser declarado inválido polo Papa, en virtude da consanguinidade dos esposos. Afonso VIII volveu casar, por segunda vez, con Berenguela de Castela, da cal tivo, entre outros fillos, o futuro Fernando III de Castela. Tamén este casamento sería anulado.
Non obstante, en Castela, por morte de Henrique I, sucédelle no trono a súa irmá Berenguela, a cal pronto abdicou en favor do fillo, Fernando III (1217). Afonso VIII, como rei consorte de Castela polo casamento con Berenguela, esixiu os dereitos de rei que Berenguela unilateralmente lle concedera ao seu fillo, provocando isto un conflito bélico que finalmente remataría o 26 de agosto de 1218, nun pacto asinado en Toro, e no que pai e fillo selaban as paces definitivamente. Por ese pacto, prevíase que ambos os soberanos renunciarían perpetua e mutuamente á coroa do outro reino, así Afonso VIII abandonaba os seus dereitos como rei consorte de Castela, e Fernando III non podería reclamar o goberno dos reinos de Galiza e León.
Efectivamente, ao morrer (1230), Afonso VIII lega os reinos en testamento ás súas fillas Aldonza I e Sancha II. Non obstante aproveitando a febleza política do momento, e rompendo o tratado de Toro, Fernando III, instigado pola súa nai así coma polos sectores aristocráticos do reino de Castela, decídese a usurpar os reinos de Galiza e León ás súas irmás, coa fin de incorporalos ós seus dominios. Tras un convulso momento bélico entre os leais a Aldonza e Sancha, e os seguidores de Fernando III, a maioría da aristocracia leonesa así coma o clero galego-leonés decántase pola unión con Castela a cambio de terras e favores.
Baixo a ameaza de guerra e con defensores do rei castelán no propio reino, Fernando III conseguiu premer para que as dúas herdeiras do primeiro casamento do pai renunciasen ao trono no seu favor, en troco dunha significativa contía en diñeiro, foi o que se chamou o «Tratado das Tercerias». Desta forma uníronse durante un tempo e por primeira vez os reinos de Galiza e León con Castela e Toledo na persoa de Fernando III, pasando Castela a deter a hexemonía no conxunto dos reinos, e máis tarde motivado pola súa grande extensión acadada, na Península Ibérica.
Aldonza decidiu entón acompañar a súa nai para Portugal, téndose recollido con ela ao mosteiro do Lorvão, onde viría a falecer cerca de 1243.
Xenealoxía
editar16. Raimundo de Borgoña | ||||||||||||||||
8. Afonso VII o Emperador | ||||||||||||||||
17. Urraca de León | ||||||||||||||||
4. Fernando II de Galiza e León | ||||||||||||||||
18. Ramón Berenguer III de Barcelona (=28) | ||||||||||||||||
9. Berengaria de Barcelona | ||||||||||||||||
19. Doce da Provenza (=29) | ||||||||||||||||
2. Afonso VIII de Galiza e León | ||||||||||||||||
20. Henrique de Borgoña (=24) | ||||||||||||||||
10. Afonso I de Portugal (=12) | ||||||||||||||||
21. Tareixa de León (=25) | ||||||||||||||||
5. Urraca de Portugal | ||||||||||||||||
22. Amadeu III de Savoia (=26) | ||||||||||||||||
11. Mafalda de Savoia (=13) | ||||||||||||||||
23. Matilde de Albon (=27) | ||||||||||||||||
1. Aldonza de Galiza e León | ||||||||||||||||
24. Henrique de Borgoña (=20) | ||||||||||||||||
12. Afonso I de Portugal (=10) | ||||||||||||||||
25. Tareixa de León (=21) | ||||||||||||||||
6. Sancho I de Portugal | ||||||||||||||||
26. Amadeu III de Savoia (=22) | ||||||||||||||||
13. Mafalda de Savoia (=11) | ||||||||||||||||
27. Matilde de Albon (=23) | ||||||||||||||||
3. Tareixa de Portugal | ||||||||||||||||
28. Ramón Berenguer III de Barcelona (=18) | ||||||||||||||||
14. Ramón Berenguer IV de Barcelona | ||||||||||||||||
29. Doce da Provenza (=19) | ||||||||||||||||
7. Doce de Aragón | ||||||||||||||||
30. Ramiro II de Aragón | ||||||||||||||||
15. Petronila de Aragón | ||||||||||||||||
31. Inés de Poitou | ||||||||||||||||
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bianchini, Janna (2015). "Foreigners and Foes in the Leonese Succession Crisis of 1230". The Emergence of León-Castile, c.1065–1500: Essays Presented to J. F. O'Callaghan (en inglés) (James Todesca ed.). Aldershot: Ashgate. pp. 47–68.
- Martínez Diez, Gonzalo. "Dulce Alfonso". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 3-10-2018.
- Yáñez Neira, María Damián (1982). "La princesa Doña Sancha, hija primogénita de Alfonso IX" (PDF). Tierras de León. 47 (en castelán) 22. León: Deputación Provincial de León. pp. 47–60. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2020. Consultado o 02 de outubro de 2018.
Aldonza de Galicia e León Nacemento: c. 1194 Falecemento: 1248
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Afonso VIII
|
Raíña de Galiza de iure 1230 (con Sancha) |
Sucedido por Fernando III |
Raíña de León de iure 1230 (con Sancha) |