Alda (nome)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alda.
Alda[1] é un nome propio feminino galego. A súa orixe pode ser o xermánico ald ‘vello’, procedente da raíz alds ‘tempo’.[1]
En xaneiro de 2023 existían 36 mulleres en Galicia co nome Alda, cunha media de idade de 51,7 anos.[2]
Outras linguas
editar- Alda: castelán, catalán, italiano, inglés
- Aude: francés
Personaxes
editarAlda é a prometida de Roldán, o heroe carolinxio.
- Alda Merini, poetisa italiana