Alberto Valtierra
remeiro galego
Alberto Valtierra Martínez, nado en Vigo o 19 de setembro de 1931 e finado en Madrid o 15 de febreiro de 2013, foi un remeiro galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1960, na proba de catro con temoneiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1931 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 15 de febreiro de 2013 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | remeiro ![]() |
Deporte | remo ![]() |
Participou en | |
1960 | rowing at the 1960 Summer Olympics – men's coxed four (en) ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFoi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[2] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, José Luis Méndez e Emilio García Bengoechea, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[3]
Notas
editar- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ Cobas, Franco. "Nos ha dejado José Luis Méndez… uno de los pilares de cuando el Náutico de Vigo fue España" (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Proba de catro con temoneiro dos Xogos Olímpicos de 1960". olympedia.org (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo. Arquivado dende o orixinal (en inglés).
- Datos do remeiro en olympedia.org (en inglés).