Alberto Rodríguez Raposo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Alberto Rodríguez Raposo, nado en Lugo en 1965, é un enxeñeiro e político galego do Partido Popular.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() Lugo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarObtivo a enxeñería en Telecomunicacións, que completou con estudos de Económicas. Con 27 anos aproba unhas oposicións e accede ao corpo de funcionarios do estado en 1992. Desempeñou distintos traballos ata que recalou na Secretaría de estado de Telecomunicacións durante o primeiro goberno de José María Aznar.
En 2000 foi nomeado director xeral da entidade pública Red.es, que durante comezos do século XXI se encargou do desenvolvemento e fomento da sociedade da información en España. Coa derrota electoral do PP nas Eleccións xerais de 2004, abandonou ese posto e reincorporouse como funcionario ao ministerio de Economía. En 2012, uns días despois do nomeamento de José Manuel Soria como ministro de Industria, Turismo e Comercio, é designado director xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información.