Alberto Moreiras Fernández
político galego
Alberto Moreiras Fernández, nado en Celanova e finado nos anos oitenta, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Celanova, España ![]() |
Morte | década de 1980 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
1933 – 1936 ← José López Rodríguez – Benito Cancela Rodríguez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarFoi elixido secretario da Juventud Católica de Celanova en outubro de 1912.[1] Foi xuíz municipal suplente de Celanova en 1927 e 1928, e subcabo do Somatén da parroquia de Celanova en 1928.[2] Na Segunda República foi nomeado alcalde de Celanova en 1933. Foi presidente do Padroado Curros Enríquez,[3] e pronunciou un discurso na inauguración do munumento ao poeta na Coruña en 1935. Permaneceu como alcalde até marzo de 1936. Nos anos sesenta foi director da sucursal de Celanova da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.[4]
Predecesor: José López Rodríguez |
Alcalde de Celanova 1933 - 1936 |
Sucesor: Benito Cancela Rodríguez |
Vida persoal
editarCasou con Camila Álvarez Casais e foi pai de Cesáreo Moreiras Álvarez.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodríguez Teijeiro, Domingo (2010). O Concello de Celanova durante a Segunda República (1931-1936). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-657-9.