Alberto Castaño Luis
futbolista español
Alberto Castaño Luis, coñecido como Canario, nado en Palencia o 25 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Cornellà, da Primeira División RFEF.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1989 ![]() Palencia, España ![]() |
Altura | 1,75 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Extremo dereito |
Traxectoria
editarDebutou na Terceira División na tempada 2008/09 nas filas do Palencia, co que viviu un ascenso a Segunda B e un novo descenso. Tras un breve paso polo Cristo Atlético, xogou durante máis dunha década na Segunda B, vestindo as camisetas do Espanyol B, o Hospitalet, o Sestao River, o Ebro, o Toledo e o Atlético Baleares, equipo este último no que xogou durante cinco anos e medio e do que foi capitán.[1]
Tras un breve paso polo Córdoba, no verán de 2024 asinou como novo xogador do Cornellà, da Primeira División RFEF.[2]
Notas
editar- ↑ "Canario deja de ser jugador del Atlético Baleares" (en castelán). 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 6 de abril de 2024.
- ↑ "BIENVENIDO, CANARIO" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 6 de abril de 2024.