Alberto Canal
Xornalista e escritor galego
Alberto Canal, nado en Casal de Maus-A Merca o 15 de novembro 1967, é un xornalista e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1967 ![]() Casal de Maus, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFoi seminarista e estudou na Universidade Complutense de Madrid.[2] Comezou traballando de xornalista na prensa escrita e despois pasou á comunicación empresarial en Caldaria.
Obra
editar- Conexión Tubinga (2008). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9782-903-8.[3] ePub: ISBN 978-84-9121-224-9. Novela unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus.
- O amor nos escuros días de Birkenau (2016). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9121-050-4. ePub: ISBN 978-84-9121-062-7. Novela sobre a maldade gratuíta do réxime nazi.
- O trapecista da malla de rombos (2018). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9121-302-4.[4] ePub: ISBN 978-84-9121-308-6. Novela a experiencia do circo ourensán de Bemposta, La Ciudad de los Muchachos.[5]
- Carolina (2022). Vigo: Xerais. 344 páxs. ISBN 978-84-1110-136-3.[6] ePub: ISBN 978-84-1110-131-8. É unha historia de paixóns, vinganza e libros.
Premios e mencións
editar- 2008: finalista do Premio Xerais por Conexión Tubinga.
- 2009: finalista do Premio San Clemente por Conexión Tubinga.
- 2016: finalista do Premio Xerais por O amor nos escuros días de Birkenau.
Notas
editar- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-23.
- ↑ Región, La (2008-12-19). "Alberto Canal: El gallego debe traspasar fronteras". La Región (en castelán). Consultado o 2022-05-23.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-23.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-23.
- ↑ "Alberto Canal: «No seu tempo Ourense era coñecida no mundo grazas a Benposta e ao seu circo»". La Voz de Galicia. 2018-02-21. Consultado o 2022-05-23.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-23.