Alberte Araúxo Vilar
Alberte Araúxo Vilar, nado en Pontevedra en 1961, é médico psiquiatra.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | psiquiatra ![]() |
![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Traxectoria
editarLicenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Realizou a especialidade de psiquiatría no Hospital Clínic i Provincial de Barcelona. Foi profesor de psicopatoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente é psiquiatra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e profesor asociado de Clínica Psiquiátrica na USC. Autor de numerosos traballos de investigación no eido da clínica e terapéutica psiquiátrica, así como de libros e capítulos sobre a súa especialidade médica. Promotor do Movemento Galego da Saúde Mental.
Durante a súa etapa de estudante militou no sindicato estudantil nacionalista ERGA e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Afiliado a diferentes organizacións sindicais e políticas nacionalistas galegas (INTG, AN-PG, UMG e UPG), é actualmente militante da Confederación Intersindical Galega (CIG) -onde promoveu a creación da Agrupación Médica de CIG-Saúde- e do Bloque Nacionalista Galego -dentro da agrupación política "Abrente-Esquerda Democrática Galega"-. Foi membro da Comisión Nacional de Sanidade do BNG, como responsábel da área de saúde mental.