Albae Sonus
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Albae Sonus é unha agrupación coral nada en outubro de 1995[1], inicialmente asentada no concello de Mugardos. Actualmente desenvolve a súa actividade no concello de Ferrol, nun local adquirido recentemente pola Asociación Cultural Albae Sonus, que dá soporte ao coro e a outras agrupacións como unha rondalla e un grupo de pulso e puga.
Albae Sonus | |
---|---|
Tipo | coro |
Data de fundación | outubro de 1995 |
Sede | Ferrol |
País | Galicia |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarPracticamente dende a súa fundación está incluído nos circuítos culturais da Deputación da Coruña. Actuou xa en practicamente toda Galicia, así como diversos lugares de España e Portugal (Madrid, Salamanca, Coímbra, Lisboa, Porto), viaxes realizadas na súa maioría co gallo de intercambios con entidades corais desas cidades.
Organiza dende o ano 1999 o Ciclo de Polifonía Sacra Cidade de Ferrol, que xa tivo carácter internacional nalgunha ocasión e polo cal visitan a cidade de Ferrol coñecidas agrupacións corais de Galicia e o resto da península.
Entre os seus logros e actuacións máis destacadas están:
- Finalista na VII, IX e X Mostra de corais Infantís e Xuvenís da Xunta de Galicia (non competitiva)
- Finalista no Festival de Villancicos de Caixanova, anos 1998, 1999 e 2002 (non competitiva)
- Gañador no XV e XVII Concurso de Panxoliñas Concello da Coruña (1999, 2001)
- Finalista no IV Certame Coral Nacional "Villancicos de Molina" , decembro de 1999.
- Finalista no V Certame Nacional de Canto Coral "Ciudad de Cieza", abril de 2000.
- Co-gañador do I Día da Música Xove (Xunta de Galicia), xullo de 2000.
- 2º Posto no II Certamen Gallego de Corales "Villa de Marín", xullo de 2000.
- 3º Posto no IV Certamen Gallego de Corales "Villa de Marín", xullo de 2002
- Participante na II, III, IV e V Mostra Galega de Corais Galicia Cantat.
- Participante na Mostra de Corais galicia canta o Nadal nos anos 2000 e 2002.
- 4º Posto no XXI certame Coral Internacional Villa de Avilés no ano 2004.
Notas
editar- ↑ "El coro Albae Sonus celebra en el Torrente su aniversario". La Voz de Galicia. 28 de outubro de 2005.