Alalá (revista)
revista
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alalá (homónimos).
Alalá é unha revista, Pubricazón da coral "Os Rumorosos" segundo o subtítulo, publicada en Buenos Aires en 1935. Vinculada á Sociedade Nazonalista Pondal, empregou maioritariamente a lingua galega
Alalá | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1935 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal, Galiciana, Diccionario da literatura galega e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarDe vida moi efémera, o primeiro número, único coñecido, é de maio de 1935. Estivo dirixida por Manuel Prieto Marcos e incluíu abondosa publicidade e contidos asinados por Emilio Pita, Miguel Revestido Rodilla, Antón Zapata, Manuel Curros Enríquez, Chané, Manuel Oliveira Viqueira, Castelao, Antón Villar Ponte e Ricardo Flores.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Alalá". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Alalá". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Blanco Campaña, Xosé Luís (1995). Radio e prensa na Galicia exterior. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1304-5.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 28. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Alalá no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.