Aladdin (filme de 1992)
filme de animación de Disney
Aladdin é un filme estadounidense de Walt Disney Pictures dirixido por Ron Clements e John Musker que se estreou en 1992. Baséase no conto "Aladino e a lámpada marabillosa" da compilación As mil e unha noites.
Aladdin | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Aladdin |
Director | Ron Clements John Musker |
Produtor | Ron Clements John Musker |
Guión | Ron Clements John Musker Ted Elliott Terry Rossio |
Intérpretes | Scott Weinger Jonathan Freeman Robin Williams Linda Larkin Frank Welker Gilbert Gottfried Douglas Seale |
Música | Alan Menken |
Montaxe | Mark A. Hester H. Lee Peterson |
Estudio | Walt Disney Pictures Walt Disney Feature Animation |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 25 de novembro de 1992 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Orzamento | $28 000 000[1] |
Recadación | $504 050 219 |
Filme seguinte | The Return of Jafar (1994) |
Na rede | |
http://movies.disney.com/aladdin | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarAladdin é un enxeñoso rapaz que, malia vivir nun estado de extrema pobreza, soña con casar coa fermosa filla do sultán, a princesa Jasmine. O destino intervén cando o astuto visir do Sultán, Yafar, recruta a Aladdin para que lle axude a recuperar unha lámpada máxica das profundidades da Cova das Marabillas. O mozo atopa a lámpada, na que vive un xenio que concede tres desexos a quen o libere.
Personaxes
editar- Scott Weinger como Aladdin
- Robin Williams como Xenio
- Jonathan Freeman como Jafar
- Linda Larkin como Princesa Jasmine
- Frank Welker como Abu
- Gilbert Gottfried como Iago
- Douglas Seale como O Sultán
- Jim Cummings como Razoul
- Bruce Adler como Comerciante
- Charlie Adler como Gazeem
- Hal Smith como Cabalo de Jafar
Galardóns e nomeamentos
editar- 1992: 2 Oscars: Mellor banda sonora orixinal, mellor canción. 5 nomeamentos.
- 1992: 3 Globos de Ouro: Mellor bso, canción, premio á dobraxe (Robin Williams). 6 nomeamentos.
- 1993: Premios Annie: Mellor filme.
- 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor banda sonora orixinal e efectos visuais.
- 1993: 3 Saturn Awards: filme de fantasía, actor secundario (Robin Williams) e actor novo (Scott Weinger).
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Aladdin na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)