Ahora Castilla
A plataforma Ahora Castilla (Agora Castela en galego) foi unha iniciativa dun conxunto de partidos e asociacións españolas de ideoloxía nacionalista castelá: Tierra Comunera-Partido Nacionalista Castellano-na actualidade Partido Castellano-, Izquierda Castellana, Tierra Castellana e Sopa Castellana que se fundou arredor dun manifesto coñecido como o Manifesto de Alcalá presentado o 28 de xaneiro de 2006 en Alcalá de Henares.[1] A idea da plataforma era aglutinar ao castelanismo para avanzar aos seus obxectivos básicos, que son os que se expoñen no manifesto e son a base da ideoloxía castelanista. A plataforma pretendía ser unha especie de trampolín para unha coalición política para as eleccións autonómicas do ano 2007. Na actualidade, nada queda en activo da plataforma Ahora Castela[2][3].
Ahora Castilla | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ideoloxía
editarO manifesto é un resumo do que é esta ideoloxía política, en realidade non achegaba nada novo, senón chegar un acordo de mínimos para crear unha plataforma política para concorrer a unhas elección autonómicas. As principais ideas do manifesto eran:[2][4]:
- Articular iniciativas que se encamiñen á construción dun proxecto común castelán para as Comunidades Autónomas, que segundo o castelanismo son castelás; é dicir como fin último a consecución da unidade de Castela.
- Reactivar o proxecto de Consello de Comunidades Castelás, que os presidentes autonómicos de entón da Comunidade de Madrid: Alberto Ruiz-Gallardón, a Xunta de Castela e León: Juan José Lucas, e a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha: José Bono asinaron no ano 2000. Consello que tiña como obxectivo aumentar a colaboración económica e política entre estas Comunidades Autónomas, e que nunca chegou a materializarse. A idea da plataforma era sumar Cantabria e a Rioja á plataforma e converter este consello nunha especie de órgano que servise como punto de partida para a unificación das Comunidades Autónomas castelás nun só territorio[5].
- A recuperación das antigas delimitacións históricas dos territorios como as bisbarras e a superación da división provincial actual para avanzar cara á unidade de Castela.
- A recuperación, a difusión e a potenciación dunha identidade castelá e unha conciencia nacional castelá nas sociedades das Comunidades Autónomas castelás
- A recuperación, a protección e a potenciación da cultura e o folclore casteláns; a protección do patrimonio artístico-cultural e o medio
- A difusión da ideoloxía e a conciencia castelanista en Madrid.
- Construír iniciativas que avancen cara a unha España federal, na que Castela sexa un territorio unido e teña o seu peso.
- A creación dun bloque castelanista forte que se coordine para conseguir estes obxectivos, respectando a pluralidade e independencia dos compoñentes.
Notas
editar- ↑ http://www.tierracomunera.org/es/contenido/?iddoc=1638
- ↑ 2,0 2,1 http://www.tierracomunera.org/es/contenido/?iddoc=2116
- ↑ http://foroscastilla.org/foros/index.php?topic=1813.0
- ↑ http://campusvirtual.unex.es/cala/epistemowikia/index.php?title=Manifiesto_de_Alcal%C3%A1/Texto_del_documento
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2013.