Agustín Reguera Ocampo
Agustín Reguera Ocampo, nado en 1964 en Soutomaior, é un político galego do PPdeG.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (60/61 anos) Soutomaior, España |
Alcalde de Soutomaior | |
1995 – 2023 ← Fernando Pereira Caamaño – Manuel Lourenzo Sobral → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Soutomaior |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarLicenciado en Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, foi traballador de banca. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG en Soutomaior e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En 1999 foi reelixido cunha ampla maioría absoluta, ó igual que en 2003, 2007 e 2011. Foi deputado provincial dende 2007 ata 2009, ocupándose da área de Pesca e Asuntos Marítimos. En xuño de 2009 foi nomeado membro do consello asesor de RTVE en Galicia[1].
En 2015 e 2019 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, pero de forma moito máis axustada que nas anteriores convocatorias. En 2023 foi superado polo BNG, polo cal perdeu a alcaldía en favor do nacionalista Manuel Lourenzo Sobral.
En xuño de 2023, tras cesar como alcalde, foi nomeado Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Predecesor: Fernando Pereira Caamaño |
Alcalde de Soutomaior 1995 - 2023 |
Sucesor: Manuel Lourenzo Sobral |