Aguilafuente
Aguilafuente é un concello da provincia de Segovia, na comunidade autónoma de Castela e León, situado no centro da provincia. Consta de aproximadamente 900 habitantes (que incrementan nos meses de verán, chegando a uns 3000 habitantes), que se dedican á agricultura e gandería. na súa maioría, aínda que na actualidade estanse creando novos sectores que se dedican á hostalaría e ao turismo rural en maior parte.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Segovia ![]() | ||||
Capital | Aguilafuente ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 564 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 60 km² ![]() | ||||
Altitude | 879 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Frutuoso de Segóvia (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Jesús Ballesteros Masso ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 40340 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 40004 ![]() | ||||
Sitio web | aguilafuente.es ![]() | ||||
![]() |
Conta cun patrimonio e unha rica historia desde a época romana que deixou pegadas nas ruínas de Santa Lucía, (estrada de Sauquillo), así como un vestixios visigodos dentro do actual casco urbano. A igrexa de San Juan, é a sede do museo e recolle todos os vestixios aparecidos desta época romana e visigoda.
Neste municipio celebrouse en 1472 un Sínodo que daría lugar ao primeiro libro impreso en lingua castelá: o Sinodal de Aguilafuente, e editado por Juan Parix na Igrexa de Santa María. O concello atópase situado a uns 36 quilómetros da capital segoviana. A súa patroa é a Virxe da Asunción, festexando as súas festas a mediados do mes de agosto. Outras das festividades importantes son en outubro, as festas de San Froitos celebrando a festa do Santo Cristo da Pena, en febreiro eran antigamente coñecidas as candeas e para rematar en xullo Santa Isabel.
-
Sinodal de Aguilafuente (1472)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguilafuente |