Aguia manchada
A aguia manchada ou aguia pintada (Clanga clanga, antes Aquila clanga) é unha ave rapaz.
Aguia manchada | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Na India | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Clanga clanga' Pallas, 1811 | |||||||||||||||||||||||
![]() Cría (verde claro) e inverno (azul)
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
Aquila clanga |
Morfoloxía e Hábitos
editarÉ unha aguia cunha lonxitude de entre 55–69 cm, unha envergadura entre 153–177 cm e cun peso entre 1600 e 2300 gramos. De cor parda escura uniforme, os xoves son máis negros e con manchas pálidas. As femias son idénticas ós machos. Existe a variante Fulvescens, que é de ton máis clara.
Aliméntase de roedores, anfibios, aves de gran tamaño (galiñolas, parrulos, corvos) e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas extensas con presenza de lagos ou pantanos. Caza con frecuencia na auga ou nas súas proximidades. Esporadicamente consome calaza.
Reprodución
editarA cría realizase en Europa entre os meses de maio e xullo. A posta consiste en dous ou tres ovos cun tempo de incubación de 42-44 días. Os polos permanecen no niño entre 60-65 días.
Distribución
editarDende maio a outubro permanece en Europa, concretamente Rusia, Países Bálticos, Belarús e o sueste de Finlandia. Esporadicamente, observable durante a migración, no Cáucaso, Turquía e Oriente Medio (Israel, Siria, Líbano). Iverna en Iraq, Irán, Delta do Nilo e outras parte de Exipto e zonas húmidas moi localizadas do Sur de Europa: Sur de Grecia, Desembocadura do río Po, a Camarga, Rexión de Bordeos ou en Doñana.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2013). "Aquila clanga". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguia manchada |
Bibliografía
editar- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest (en castelán).