Agnes Ibbetson
Agnes Ibbetson, nada en Londres en 1757 e finada en Exmouth en 1823, foi unha fisióloga vexetal inglesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Agnes Thomson ![]() 1757 Londres, Reino Unido |
Morte | febreiro de 1823 Exmouth, Reino Unido |
País de nacionalidade | Inglesa |
Actividade | |
Ocupación | Fisioloxía vexetal |
Familia | |
Cónxuxe | James Ibbetson ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Londres en 1757 e foi filla de Andrew Thomson Esq. de Roehampton, un mercador da cidade.
En 1783 casou en Bushey, Hertfordshire con James Ibbetson, fillo máis vello do reverendo James Ibbetson D.D., reitor e arquidiácono de St. Albans.
O seu marido James foi un avogado e anticuario afeccionado ao que o Lincoln's Inn admitiu en 1771 e que faleceu en 1790 aos 35 anos, deixando viúva a Agnes.
Despois do falecemento de James, Agnes mudouse a Devon onde viviu o resto da súa vida. Faleceu en febreiro de 1823 en Exmouth ós 66 anos. O seu sobriño foi Charles Poulett Thomson, un político que se converteu no primeiro gobernador do Canadá.[1]
Traballo
editarA pesar do seu illamento da comunidade científica da época, Ibbetson comezou a publicar a súa fisioloxía das plantas aos 50 anos. O seu traballo baseouse principalmente na observación e experimentación.[2] Ibbetson usou unha gran gama de microscopios, disección de plantas, e outras tecnoloxías para realizar os seus estudos, e creu que as funcións das plantas posuían explicacións mecánicas.[3] Entre 1809 e 1822, Ibbetson contribuíu con máis de 50 publicacións a Nicholson's Journal e Philosophical Magazine acerca da estrutura microscópica e fisioloxía das plantas. No departamento de botánica do Museo Británico presérvanse algúns espécimes do bosque e algunhas placas microscópicas que preparou, con descricións manuscritas que representan vinte e catro anos de traballo e pon de manifesto a súa crenza errónea de que os brotes se orixinan endoxenamente e forzan o seu camiño cara a fóra.[4]
Legado
editarO xénero Ibbetsonia foi dedicado por John Sims na súa memoria, pero agora é considerado idéntico ao xénero Cyclopia de Ventenat.[5][6]
Notas
editar- ↑ "Agnes Ibbetson". www.oxforddnb.com. Consultado o 11-10-2016.
- ↑ "Oxford DNB article: Ibbetson, Agnes". www.oxforddnb.com.
- ↑ "Flora Feministica: Reflections on the Culture of Botany" (PDF).
- ↑ Boulger, George Simonds (1891). "Ibbetson, Agnes". En Sidney Lee. Dictionary of National Biography (en inglés) 28. Londres: Smith, Elder & Co. OCLC 2763972.
[Gent. Mag. 1823, i. 474; Rees's Cyclopædia.]
. - ↑ "Agnes Ibbetson". International Plant Names Index. Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).
- ↑ Charters, Michael L. "G-K: Agnes Ibbetson". Plant Names. calflora.net. Consultado o 13 de outubro de 2010.