Afonso

nome masculino galego-portugués

Afonso[1][2] é un nome propio masculino galego. Provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). Adefonso é a única variante que admite a RAG.[3]

En xaneiro de 2023 existían 40 varóns en Galicia co nome Afonso, cunha media de idade de 39,1 anos.[4] Non hai persoas rexistradas coa variante Adefonso.

Historia do nome

editar

Durante a Idade Media foi un dos nomes galegos máis comúns; como peculiaridade con respecto aos outros nomes, non admite sufixo patronímico -ez, co que o patronímico (actualmente apelido) é idéntico ao nome propio. En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente como apelido a forma castelanizada cá propia.[5] Alfonso recollérono algúns dicionarios galegos de nomes como variante; como nome persoal, espallouse en Galicia a raíz da chegada a España da dinastía dos Borbóns, no século XIX, coa adaptación da forma francesa Alphonse.

Outras linguas

editar
  • Afonso: portugués.
  • Alfonso: castelán, italiano.
  • Alfons: catalán.
  • Alonso: castelán.
  • Alphonse: francés.

Personaxes

editar

Relixión

editar

Monarcas

editar

Personalidades

editar

Respéctase o nome de procedencia de orixe (Castelán, galego, inglés, francés etc...)

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. "Afonso". Guía de nomes galegos. 
  4. Nome Afonso na Web do Intituto Galego de Estatística
  5. Boullón Agrelo, A. I. / F. R. Tato Plaza (1999): Alonso e Montero: estudio antroponímico, en R. Álvarez / Dolores Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Univ. de Santiago de Compostela. Santiago, vol. I, 265-293. [1].

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar